Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: "Os retallos do Partido Popular deixan sen dereito á educación a miles de xóvenes no inicio do novo curso escolar"





Imprimir




O sistema público universitario español ten 77.000 universitarios menos desde 2012, o equivalente a suprimir a tódolos estudantes universitarios galegos.

 

A acelerada implantación da LOMCE causa moitos problemas nos centros e o peto das familias nota a carestía dos libros de texto.

 

Santiago de Compostela, 13 de octubre de 2015

 

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) consideran en base ós datos vertidos na prensa que a universidade pública está en claro retroceso. Este retroceso enmárcase nun cadro no que tódolos servizos públicos áchanse deprimidos, pero o que acontece coa educación é especialmente preocupante porque suporá un problema formativo a longo prazo.

 

O Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza declara que “os problemas da universidade pública son moitos, e os mozos e mozas socialistas pensan que nestes anos do PP lonxe de termos avanzado contra eles o que se fixo foi afogalas deixándoas sen financiamento e deixar nos osos o feble sistema de bolsas universitarias”. “En Galicia a baixada de estudantes ten tamén que ver co problema demográfico, pero as estatísticas estatais mostran como en España estamos diante dun problema de acceso á universidade” engade Bouza.

 

Segundo o mozo socialista “os problemas de financiamento afectan moito ós cursos de posgrado, pobremente desenvolvidos, polo que ante a incapacidade da universidade pública é a universidade privada a que satisfagan gran parte da demanda existente, o cal implica deixar fora a moitos estudantes de máster, porque a universidade privada actúa baixo as regras do mercado”.

 

Dende a Organización sentencian “isto non pareceu preocupar o Partido Popular que desenvolveu durante toda a lexislatura unha política de promoción e apoio á universidade privada e incluso chegou a propoñer a implantación do chamado “3+2”, que á luz das circunstancias sería un completo desastre para todos excepto para as universidades privadas”.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2017   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI