Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Galicia suspende en igualdade baixo a inoperancia e o silencio institucional da Xunta”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) piden responsabilidades por un suspenso en igualdade de xénero que indica que as mulleres tan só acadan a metade do nivel de calidade de vida e de oportunidades dos homes. Así o facía público o xornal Faro de Vigo esta semana, engadindo que elas dedican un 79% máis de tempo que os varóns ás tarefas do fogar, tendo á súa vez un 22% menos de autonomía.

 

 O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, destaca que “as políticas de recortes afectan máis ás mulleres, pois non deixan de ser medidas encubertas para que volvan ás súas casas”, acabando por encargarse elas dos cuidados familiares coa conseguinte perda de autonomía ao non recibir ningún tipo de remuneración. “As solucións do Partido Popular pasan por voltar ao modelo estrutural da desigualdade, sen deixar espazo á conciliación e impoñendo cunha sutileza férrea que as mulleres cumplan con traballos que consideran inherentes á súa condición”, sentenciou Bouza, esixindo que “dunha vez por todas se rache con este modelo discriminatorio no que a culpa é a maior das ferramentas para o sometemento das mulleres, comezando por pedir que os nosos gobernantes dean exemplo e tomen medidas urxentes para mudar esta tendencia que incide directamente na calidade de vida das galegas”.

 

Ademais das consecuencias obvias tras o suspenso de Galicia en igualdade, as mozas e mozos socialistas amosan a súa preocupación polos últimos asasinatos machistas cometidos en diferentes puntos do Estado, chegando a producírense seis mortes en menos dunha semana, dúas delas en Moraña, Pontevedra. “O verdadeiramente sanguento é o silencio institucional e social anterior aos asasinatos, que tentan suplir cun balbordo inútil de declaracións e medidas de cara á galería”, afirmou Aitor Bouza.

 

 A agrupación xuvenil fai responsable ao goberno do Partido Popular na Xunta de ser cómplices da violencia simbólica contra as mulleres, entendida como todas aquelas mensaxes e signos que transmiten e reproducen relacións de dominación e desigualdade. “Tal é o seu descoñecemento e desubicación, que a secretaria xeral de igualdade sale nos medios de comunicación para anunciar que 24 maltratadores con ordes de alonxamento están controlados por sistemas telemáticos, namentras se evidencia que as súas políticas están máis encamiñadas a finxir unha recuperación fantasma que a previr as desigualdades de xeito real e efectivo”, criticou Bouza.

 

 Desde as XSG reiteran a gravidade deste suspenso en igualdade, posto que a discriminación naturaliza e xustifica a subordinación das mulleres, feito ao que cómpre por solución con urxencia esixindo que nos gobernen persoas que realmente crean na igualdade e non a utilicen como un lavado de imaxe.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Estructura de JSE
Militante. Persona afiliada a Juventudes Socialistas...
Quiénes somos
Juventudes Socialistas de España (JSE) se constituye como la...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2017   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI