Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “O PP quere poñer prezo á liberdade e non imos tolerar”



Imprimir




As Xuventudes Socialista de Galicia (XSG) ante a entreda en vigor da Lei Mordaza denunciaron as “terribles consecuencias para a democracia española que traerá de seu esta Lei que só contou co apoio unilateral do Partido Popular.”

 Para Aitor Bouza, secretario xeral das XSG, “a lei mordaza é un atentado aberrante contra a democracia que dinamita os dereitos fundamentais coa excusa da seguridade e, ademais, xera unha indefensión xurídica pola súa inconcreción e vaguedade” e explica que “é unha Lei con sancións desproporcionadas que poñen prezo á nosa liberdade e cun único obxectivo: intimidar e dificultar o libre exercizo de dereitos cidadáns.”

 Neste sentido, segundo Bouza “liberdades como a de manifestación e expresión costaron moitas vidas e sufrimento para conseguilas e o PP a golpe de Lei nos traslada a unha época gris na que a intimidación e os castigos desproporcionados estaban á orden do día.”

 “Este é o respecto que teñen Mariano Rajoy e o Partido Popular pola cidadanía española e a democracia do noso país, non quere escoitarnos, senón amordazarnos  e non só porque non lles importe o que pensemos ou precisamos, senón porque pescudamos unha poboación sumisa que non se atreva a pensar por si mesma” – engade Bouza.

 Finalmente, os e as mozos/as socialistas concluíron que “os/as que cremos e queremos un país onde as liberdades e os dereitos sexan os verdadeiros piares dunha auténtica democracia non deixaremos que coa súa “mordaza” convirtan o noso país na España da porra e o medo.”

 



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2017   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI