Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Até nunca ao peor Ministro de Educación”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) mostraron hoxe a súa ledicia pola marcha do ministro Wert do Goberno de España tras “unha nefasta xestión que tivo como principal obxectivo a elitización do nesino e o ataque constante á industria cultural”, mais lamentan que só sexa un lavado de cara puramente electoralista.

 O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, declarou que “o ministro Wert non forme parte do Goberno supón un verdadeiro alivio para a Comunidade Educativa e o mundo da cultura e só pode espertar alegrías entre os que vimos denunciando dende un primeiro momento os constantes ataques que sufriron.”

 Bouza lembra que “non só se tomaron medidas que danaron e practicamente destruíron o ensino púbico, senón que tamén os e as que pertencen á comunidade educativa sufriron continuos descualificativos por parte do ministro saínte, ao igual que ocorreu no mundo da cultura que foi igualmente menosprezado e atacado.”

 Segundo explican dende a Organización “Wert foi o peor ministro de educación e por fin se marcha, deixa como legado un ensino público totalmente dinamitado por unhas reformas inxustas e elitistas, sen esquecer outras prexudicias políticas como os cambios nos requisitos das bolsas e a pésima xestión dende o ministerio que están atentando crumente contra a igualdade de oportunidades.”

 Ao respecto do ministro entrante, Bouza valora que en materia de educación “ten un traballo ben complexo por diante e debería escoitar dende un primeiro momento á Comunidade Educativa, ás Comunidades Autónomas e á cidadanía que esixen que se frenen as reformas educativas, tanto a LOMCE como a universitaria do 3+2”.

 No mesmo senso, en materia de cultura, o secretario xeral consideoru que “é urxente e preciso que dea marcha atrás co IVAzo cultural e deixar de afogar a esta industria tan importante para a sociedade e a economía.”

 Para rematar, os mozos/as socialistas esixen que “o cambio de ministro ten que ser un cambio drástico de políticas dende o Goberno” e advirten que “de non ser así, nos seguirán tendo enfronte tanto á Comunidade Educativa e a quen cremos que o ensino público e a cultura é pratrimonio de todos e todas”.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Estructura de JSE
Militante. Persona afiliada a Juventudes Socialistas...
Quiénes somos
Juventudes Socialistas de España (JSE) se constituye como la...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI