Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: "Feijóo comeza a carreira electoral cunha esmoliña para ocultar os retallos e estragos educativos"



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) mostraron a súa repulsa polo comportamento da Xunta cara a comunidade educativa. Preténdese ocultar a falta de inversión, a perda de profesores/as e de calidade a base duns cheques que non solucionan ningún problema nin están pensados en coherencia con ningún programa educativo.
 
Os mozos/as socialistas cren que “a obstinación do PP en continuar co seu modelo de cheques é simplemente afán electoralista e só beneficia ás editoriais en materias como os libros de texto. A Xunta non o xestiona directamente simplemente porque pensa que se os cartos pasan pola man das familias estas pensarán que a Xunta invirte en educación, cando en realidade o servizo de educación pública galego está completamente desatendido.”
 
“Os galegos/as non esquecerán todo o dano feito porque a Xunta reparta agora uns cheques antes das eleccións a falta de inversión e de atención en materia educativa”, declaran desde as XSG.
“Por outra banda a obstinación de sacar adiante a calquera prezo e sexa como sexa a implantación da LOMCE só está a provocar malestar e confusión na comunidade educativa, xusto o contrario do que se precisa ao comezo do curso escolar” declarou o secretario xeral, Aitor Bouza.
 
Pola súa banda, o secretario de educación, Rubén Prol, declarou que “a LOMCE naceu morta, non lle gusta a ninguén e será substituída cunha Lei co mesmo espírito da Lei aprobada polo anterior goberno socialistas e que se fará co consenso das forzas políticas, e non a base de imposicións, que non son senón a mostra da falta dun programa educativo serio e convincente para o país.
“O PP impuxo a LOMCE, pero a lei non convence a ninguén. Aínda máis, a LOMCE é un ataque directo ás oportunidades educativas dos galegos/as. É unha lei clasista e pensada para unha educación adoutrinante.” – continuou Prol.
 
“Como o Código Penal, a LOMCE constitúe parte do que poderíamos chamar a lexislación “zombi” do Partido Popular. Lexislación que naceu morta, pensada só para o PP e non para a nación.” – declararon dende a Organización.
 
“A supresión dos PCPI foi un duro golpe para os/as estudantes con máis dificultades e a FP básica non a substitúe, non foi pensada como un plan alternativo ao PCPI senón como unha pantalla para tratar de ocultar que tras a supresión do PCPI os recursos para o estudantado con fracaso escolar son nulos.” – manifestaron dende as XSG.
O secretario xeral, Aitor Bouza, concluíu falando da necesidade de “crear un plan educativo serio a nivel estatal, un plan que debe ser sólido, pensado en clave de estado e a longo prazo. Este é o obxectivo da mocidade socialista.”


Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2017   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI