Síguenos:
     
Logo JSE


As XSG esixen á USC a apertura das Bibliotecas en horario extraordinario durante todo o período de exames



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) acudiron hoxe á Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela para sumarse ás reivindicacións que se están a levar a cabo todas as noites polo estudantado neste centro de estudo e esixirlle á USC unha rectificación inmediata coa reposición do horario extraordinario para toda a época de exames.

 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, manifestou acompañado do secretario de educación, Rubén Prol,  que “unha universidade que se presupón seria e de prestixio non pode condenar aos seus estudantes a non ter onde estudar e preparar os seus exames. A USC abandona aos seus estudantes por completo e non podemos consentilo.”

 

Segundo contaron dende a Organización “a Biblioteca Concepción Arenal que é a que máis capacidade ten, pasou esta semana a ter o seu horario habitual e pechar ás 21:30 (en vez de ás 3:00h como leva facendo todo o período de exames). Mentres, a biblioteca da facultade de Famarcia que abría 24h e ten unha capacidade ínfima que en ningún caso chegaría para cubrir as persoas que estarían na Concepción Arenal; pecha esta semana ás 3:00h.”

 

Bouza preguntouse cal é o interese da Universidade neste retallo, xa que economico é imposible que sexa, dado que por unha semana non cremos que USC vaia a saír da situación de crise na que se atopa. Debe ser un gran aforro na factura da luz, o peche durante unha semana, dado que o persoal de seguridade que ronda o Campus Sur está igualmente.

 

O mozo socialista recriminoulle aos órganismos de dirección da Biblioteca que tivera agochado o calendario do mes de xuño para “evitar as queixas dos usuarios/as, xa que na propia instalación soamente estaban pendurados os de abril e maio. Non se pode ter esta opacidade e falta de transparencia, co fin de acalar ao estudantado. En consecuencia, menos mandar aos de “Prosegur” e apagar as luces da instalación e máis diálogo co alumnado e facilidades para estudar en dignidade.”

 

Os mozos/as socialistas expuxeron que “o alumnado non somos estadísticas, senón estudantes que pretendemos poder afrontar as nosas materias coa preparación suficiente e tendo uns medios adecuados ás necesidades básica. Xa son bastantes os paos que lle dá o Partido Popular aos universitarios con todas as medidas que está a levar a cabo, como para que sexa a propia Universidade a que agora tamén continue con estes ataques.”

 

Finalmente, o secretario xeral, Aitor Bouza, confía en que o sentido común faga rectificar de inmediato aos órganos correspondentes da Universidade e que non só repoñan o horario extraordinario neste período do curso, senón que non volva a ocorrer nunca nas vindeiras convocatorias de exames.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Estructura de JSE
Militante. Persona afiliada a Juventudes Socialistas...
Quiénes somos
Juventudes Socialistas de España (JSE) se constituye como la...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2017   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI