Síguenos:
     
Logo JSE


As XSG tildan a Feijoo de galegofóbico e esíxenlle que deixe de bombardear a nosa lingua



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) participaron hoxe na manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego en Santiago de Compostela e opuxéronse ás políticas do Partido Popular en canto materia linguística, convidando a “toda a mocidade galega a defender activamente a nosa lingua, falándoa con orgullo”

 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, manifestou que “co Partido Popular no goberno, o galego esta en situación de indefensión” ,”o goberno da Xunta non ten interese en cambiar a súa política lingüística por non lle interesar a nosa cultura”

 

Bouza afirmou que “ dende o mundo da lingua e a cultura criticaron duramente a Feijoo, o que demostra que tanto a Xunta como o PP, non lles interesa a situación do galego, nin quere remedialo.

 

Dende a organización, vemos na decisión do Presidente da Xunta tras o ultimo Consello de “oportunista e electoral”. O señor Feijoo afirma que “aprobará un importante acordo para potenciar o uso do galego”, “dende que goberna nunca lle interesou e fixo oídos sordos das criticas da oposición a súa pasividade en cuanto materia lingüística.“ – sentenciou Bouza.

 

O líder xuvenil aproveitou para reivindicar as propostas socialistas na materia, en relación a intervención feita por o ex-deputado Francisco Caamaño na moción que pedía unha comisión de análise, restablecer a obriga de coñecer o idioma para acceder a un posto da Administración galega, a retirada do decreto do uso do galego no ensino que o limita a ser tan so usado nun terzo das horas lectivas.  Propostas que foron vetadas polo partido do goberno no parlamento galego.

 

Finalmente, o secretario xeral, Aitor Bouza, confía en que “a mocidade e a súa forza reivindicativa consiga facer presión para cambiar a situación”, así mesmo sostén que “non só fai falla a implicación das institucións, senón tamén que a xente, pero sobre todo a mocidade, use o noso idioma e o fale, está nas nosas mans que o galego non caia en desuso, debemos defendelo e apostar pola nosa lingua, é un dereito, pero tamén un deber.”



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
XSG: “O caso do alcalde de Beade confirma q
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI