Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “O Partido Socialista será a voz da mocidade”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) demandaron onte nun encontro cos socialistas de Touro a necesidade de dar voz aos problemas da xuventude e reivindica a importancia da participación dos e das mozas na vida política, para iso, lanzaron un vídeo protagonizado por xóvenes candidatos e candidatas socialistas.

 

Aitor Bouza, secretario xeral das XSG, lamentou que “hai partidos que se empeñan en desprestixiar á mocidade polo mero feito de ser xóvenes deixándonos sempre de lado” e asegura que “hai unha gran maioría de xóvenes que non nos conformamos co que nos dan, que cremos nunha sociedade mais xusta e igualitaria, sen privilexios nin clases, que non queremos que se nos separe do sistema político, senon todo do contrario, queremos que se nos escoite, participar e traballar para mudar as cousas”.

 

O secretario xeral da organización xuvenil explica que “estamos fartos de que non se teña en conta a nosa opinión simplemente polo feito de ser xóvenes, o Partido Socialista si da importancia á xuventude e ás súas ideas, polo que son moitos os e as mozas que encabezan ou forman parte das candidaturas socialistas dos municipios do noso país” e conclúe asegurando que “van a conseguir dende o Partido Socialista poñer solución aos problemas dos e das mozas porque é o único partido capaz de converterse na voz da xuventude”.

 

Finalmente, os e as mozos socialistas reivindicaron a importancia de votar ao PSdeG o vindeiro 24 de maio explicando que “o día 24 está en xogo o noso futuro, o Partido Socialista está a apostar de forma férrea polo pacto xeracional polos e polas mozas, para que teñamos presente e futuro non nosos municipios” ao que engaden                               

 

 

concluíndo “o PSdeG non nos abandoa, quere que nos quedemos e que os que se foron poidan voltar, por iso é imprescindible votar ao Partido Socialista”.

Ligazón do vídeo:

Youtube- http://youtu.be/6xrXxkmBDC4

 

Facebook- https://www.facebook.com/JSE.ORG/videos/10153527335023268/



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2018   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI