Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Esta sentenza pon en perigo a vida do colectivo LGTBI”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) consideran a sentenza ditada este mércores polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea, na que se considera que pode estar xustificado prohibir doar sangue a persoas homosexuais unha aberración, xa que é inxusta e discriminatoria para o colectivo LGTBI e tan só supón un gran paso cara atrás na loita pola igualdade.

 

Segundo o Secretario Xeral da Organización, Aitor Bouza, “vemos como en países como Rusia se violan constantemente os dereitos humanos das persoas LGTBI, perseguindo incluso o seu dereito de manifestación e de liberdade de expresión sen que ninguén faga nada” e recoñece que “o que ten que facer a Unión Europea é condear e perseguir estes constantes ataques e non promover retrocesos sociais que dinamitan os dereitos e liberdades das persoas”.

 

Dende a Organización engaden que “xa sabemos que en España e en Galicia o Partido Popular é un partido homófobo ao que non lle gusta a igualdade das persoas diferentes e que o único que pretende é que todos sexamos iguais, brancos e homes. Pero a sociedade española, aberta e tolerante, merece que o PP tamén o sexa e eleve a súa voz contra sentenzas que veñen impulsadas pola ignorancia e os prexuízos”.

 

Bouza asevera que “as Xuventudes Socialistas de Galicia non imos permitir que se trate de impoñer ao conxunto da sociedade un fanatismo fundamentalista, unha serie de dogmas trasnoitados e un retroceso de décadas cando a sociedade ía polo bo camiño. Loitaremos - continúa - por terminar coas constantes trabas que se poñan ao colectivo LGTBI e esixiremos sempre a garantía das políticas de igualdade e non discriminación”.

 

A Organización concluíu afirmando que “loitaremos cada día polos dereitos de todas as persoas, sobre todo daquelas que non os poidan defender por orientación sexual e de identidade de xénero, para acadar unha sociedade igualitaria, logrando así unha Europa máis libre, máis xusta e máis digna de ser vivida, xa que non podemos consentir que a Unión Europea se poida converter nun continente con este tipo de prohibicións”.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI