Síguenos:
     
Logo JSE


As Xuventudes Socialistas súmanse á celebración do Día Internacional dos Bosques



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) súmanse á celebración do Día Internacional dos Bosques que ten lugar o día 21 de marzo e presentan a súa campaña baixo o lema “Defende o teu patrimonio” que será distribuída polas redes sociais.

 

O secretario xeral das XSG Aitor Bouza fixo fincapé na “importancia mundial destes ecosistemas dos que dependen directamente 1600 millóns de persoas e que cobren un terzo da superficie terrestre do planeta” o por elo fixo un chamamento para que “todos e todas poñamos da nosa parte para loitar en favor deste patrimonio”.

 

Os mozos socialistas recordaron que os bosques son os ecosistemas terrestres máis diversos albergando máis do 80% das especies animais e vexetais e xogan un papel fundamental na loita contra o cambio climático mantendo os niveis de oxíxeno, dióxido de carbono e humidade, así como a fixación e conservación da estrutura dos solos.

 

En palabras do secretario de medio ambiente, Aitor Rodríguez, a Xunta de Galicia ten que poñer “tódolos medios necesarios para fomentar o uso responsable dos bosques e realizar unha xestión sostible dos mesmos” e tamén “incentivar a reforestación con especies autóctonas e frear o avance das especies invasoras”

 

Dende as Xuventudes Socialistas lembra así que só un 30% da masa forestal arbolada en Galicia correspondese con bosques autóctonos, mentres que as enormes masas de eucaliptos dominan a paisaxe e son un importante foco de incendios e por elo esixen tamén un plan contraincendios á altura para evitar que os bosques sigan sendo, ano tras ano, pasto do lume.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Estructura de JSE
Militante. Persona afiliada a Juventudes Socialistas...
Quiénes somos
Juventudes Socialistas de España (JSE) se constituye como la...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI