|
||||||||||||||||||||||||||||||
As XSG súmase un ano máis á iniciativa da “Hora do Planeta” e instan á Xunta de Galicia a que se sume
![]() As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) anunciaron hoxe que se unirán á nova edición da “Hora do Planeta” levada a cabo pola organizacion Ecoloxista WWF, sumándose a centos de millóns de persoas e milleiros de organizacións e Concellos de todo o mundo.
O secretario xeral das XSG Aitor Bouza, enfatizou na “importancia que teñen este tipo de accións que permiten concienciar ás persoas da necesidade dun cambio global e da necesidade du novo modelo enerxético impulsando as enerxías renovables para loitar contra o cambio climático”.
Este evento que comenzou no ano 2007 conta xa co respaldo de máis de 7000 cidades en 160 paises, milleiros de empresas e institucións e millóns de cidadás. Esta novena edición, que terá lugar o vindeiro sábado 28 de marzo entre as 20:30 e as 21:30 horas, cobra aínda maior importancia xa que no vindeiro mes de decembro os gobernos de todo a mundo daranse cita en París para afrontar o reto de aprobar un novo acordo a favor do clima.
En palabras do secretario de medio ambiente, Aitor Rodríguez, esta iniciativa ten como obxectivo que “os individuos, empresas, concellos e centros educativos aposten de maneira decidida pola eficiencia enerxética e promovan a todolos niveles o uso de enerxías limpas para reducir as emisións de CO2 do planeta”.
Os mozos socialistas considerans que “as administracións Públicas deben dar exemplo apostando pola eficiencia enerxética” e porén “pedímoslle á Xunta de Galicia gobernada polo Partido Popular que se sume á “Hora do Planeta” e demostre o seu compromiso na defensa do medio ambiente e na loita contra o cambio climático”
As XSG fixeron así un chamamento aos galegos e galegas para que participen nesta iniciativa e tomen conciencia de que os pequenos xestos como o uso de lámpadas de baixo consumo ou baixar a calefacción teñen unha gran importancia na loita contra o cambio climático.
Así mesmo, os mozos e mozas galegas entenden que “dende a Administración Pública Municipal débense incentivar o consumo responsable e o uso responsable da electricidade nas empresas e na poboación galega”
Para sumarse á iniciativa poderán facelo todos os/as cidadás que o desexen a través da páxina web: www.horadelplaneta.es
Noticias relacionadas
|
Canal XSG
Calendario XSG
![]() Nube de etiquetas Tag's |
|||||||||||||||||||||||||||||
|