Síguenos:
     
Logo JSE


XSG:”Mentres uns se pechan na súa caverna rancia, outros escoitamos e defendemos os dereitos que a dereita lle roubou á cidadanía”





Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) organizaron hoxe unhas xornadas sobre experiencias mozas nos Concellos socialistas, nas que contaron con concelleiros e alcaldes socialistas que explicaron as propostas que se están a levar a cabo en cada territorio para poder elaborar o programa marco para as vindeiras eleccións xerais.

 

Segundo informaron a partir do día de hoxe, abriron a posibilidade a que toda a mocidade galega poida remitir as súas propostas e achegas para o programa electoral que serán tidas en conta e se incorporarán ao texto marco a través da campaña #FainoConNós.

 

O secretario xeral, Aitor Bouza, informou “queremos demostrar que hai outra forma de gobernar e para iso hai que comezar por elaborar o programa electoral contando coa cidadanía. Froito destas conversas e das que tamén levaremos a cabo coas diversas plataformas e asociación é como dende as XSG elaboraremos o programa mozo do PSdeG.”

 

Bouza aproveitou para considerar como “lamentables” as declaracións do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, nas que afirmou que “todos fomos novos e rebeldes” en relación ás protestas educativas que houbo esta semana. “No fondo ten razón, todos somos rebeldes: uns levamos as pancartas e outros son os que mandan disparar as pelotas de goma”

 

Lamentou que o conselleiro de educación aposte por “defender unha reforma no sistema universitario que quere devolver o ensino aos tempos franquistas promovendo unha educación clasista; en vez de defender os intereses do estudantado galego que deixou claro que non apoia este ataque ao ensino público e para todos e todas.”

 

O dirixente socialista considerou que “a diferencia fundamental do noso Partido co PP é que cando vén Pedro Sánchez a Galicia é para escoitar os problemas da cidadanía a través das Asembleas Abertas, cando vén Rajoy é para pasar as súas vacacións. Hoxe temos en Galicia á vicepresidenta do Goberno, supoñemos que virá a felicitar a Feijoo por ter sido o promotor de todas as políticas de austeridade que agora aplican en España e que fixeron que 27.000 mozos/as galegas tiveran que exiliarse noutros países ante a deixadez do Partido Popular.”

 

Aitor Bouza dixo que “casualmente vén a semana na que se demostrou que as políticas do PP fracasaron e Galicia é a Comunidade Autónoma que está a verse sumida na probreza por estas políticas austericidades. A ver se a vindeira vez que vén é para escoitar os problemas dos galegos e galegas.”

 

"Mentres uns se pechan nas súas Conferencias, outros saímos á rúa a apoiar ao estudantado nas súas reivindicacións, nas que se aposta por un sistema universitario público no que ninguén fique excluído por mor da súa renda. Que saian da cova rancia e trasnoitada e verán a dura realidade na que viven os cidadáns polas súas políticas de austeridade" clausurou o secretario xeral.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI