Síguenos:
     
Logo JSE


As Xuventudes Socialistas súmanse á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) súmanse á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente establecido pola Asemblea Xeral das Nación Unidas e que se ven celebrando o día 5 de xuño dende 1973. O lema elixido para este ano é “Sete mil millóns de sonos. Un só planeta. Consume con moderación”.

 

Baixo este lema, os mozos socialistas súmanse á campaña con 5 carteis para redes sociais onde se poñen de manifesto pequenas accións individuais, pero cunha gran importancia se todos participamos nelas.

 

O Secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, fixo fincapé na “necesidade de que todos os países unan as súas forzas para loitar contra o cambio climático de maneira decidida e tamén para establecer un modelo sostible de desenrolo económico que respete o noso planeta” e recordou que “só temos un”.

 

Pola súa banda o Secretario de Medio Ambiente, Aitor Rodríguez, lamentou que “moitos dos nosos ecosistemas están a chegar a puntos críticos de esgotamento, e de seguir así, para 2050 precisaríamos de tres planetas para manter o noso ritmo de consumo actual” e engadiu que “o reto de vivir de forma sostible é facer máis con menos”.

 

Bouza pediu o goberno “que deixe de por trabas á produción de enerxía procedente de fontes renovables e ao autoconsumo e comece a fomentalo” e tamén que se fagan “políticas que garantan a sostibilidade das produción pesqueiras, gandeiras, agrícolas e forestais”

 

Os mozos socialistas recordaron que aínda hoxe máis de mil millóns de persoas non teñen acceso a auga potable e que tamén cada no 1.3 mil millóns de toneladas de alimentos son desperdiciados cando mil millóns de persoas están desnutridas e outros mil millóns pasan fame.

 

O secretario de Medio Ambiente fixo un chamamento a toda a sociedade “para que tome conciencia de que o que nos estamos a xogar agora non é só o noso presente, senón o futuro das xeracións vindeiras e a supervivencia do planeta”.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2017   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI