Síguenos:
     
Logo JSE


As XSG súmanse á folga en contra da política do Rajoy de volver a un ensino clasista da época franquista



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) súmanse á convocatoria da folga e animan ao estudantado a ir á mobilización convocada polas Asociacións estudantís galegas este día 24 de marzo nas cidades galegas.

 

Os mozos/as socialistas cren que nas declaracións vertidas nos últimos días polo goberno do PP “reflíctese un desprezo profundo polo noso sistema universitario e polo acceso universal á educación superior que merecen unha contestación contundente da sociedade galega e dos/as estudantes en particular.“

 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, declarou que “é certo que a universidade española ten problemas, pero este goberno en lugar de buscarlle solución, soamente pescuda atopar calquera escusa para dinamitar a educación universitaria pública, de calidade e universal e  conseguir así beneficiar aos ‘seus amiguiños da alma’”.

 

“En lugar de ameazar ás familias con que no futuro deberán afrontar pagos moi superiores para que os seus fillos/as poidan estudar, debería achegar solucións, porque as hai” declarou o secretario xeral.

 

Dende a Secretaría de Educación criticaron que “o modelo de sociedade ao que nos conduce o sistema educativo e as reformas laborais do PP levaranos a unha sociedade no que existirá unha elite controladora e unha masa enorme de poboación que perderá o acceso á universidade. Así como, unha gran parte dos mozos con alta cualificación terá que emigrar. O proceso xa comezou, como di o goberno “somos líderes en mobilidade exterior”, aínda que nós preferimos chamarlle “exilio económico”.

 

O dirixente socialista destacou que “sen embargo, os mozos deste país non se van a resignar, porque saben que existe outra maneira de organizar a sociedade máis alá do que o PP defende, por moito que os tests estandarizados da LOMCE leven a pensar que un problema sempre ten unha única solución.”

 

Bouza continuou dicindo que “o que non é sostible é un goberno en continua guerra co sistema público e en particular, co estudantado, que mira á universidade como gasto inútil, e que despreza a opinión constante dos/as estudantes; cando a universidade e os mozos que nela estudan son a mellor inversión do país, e algo que deberían ter a ben coidar.”

 

O secretario xeral concluíu instando ao Sr. Feijoo “a defender os dereitos dos galegos e galegas e oporse como primeiro dos galegos a esta ataque frontal á universidade pública e deixar de ser unha vez por todas o palmeiro de Rajoy.

 

Igualmente, censurou as declaracións do Sr. Román Rodríguez, Conselleiro de Educación, nas que defendía a reforma imposta polo Ministro Wert, e instou á reflexión para que “os estudantes galegos poidan estudar sen depender da conta bancaria dos seus pais. “



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Estructura de JSE
Militante. Persona afiliada a Juventudes Socialistas...
Quiénes somos
Juventudes Socialistas de España (JSE) se constituye como la...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI