Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Esixímoslle ao Goberno que deixe de tutelar ás mulleres mozas para satisfacer a moral podrida da xerarquía católica”





Imprimir




Xuventudes Socalistas de Galicia (XSG) volve a esixir ao Goberno do Partido Popular que garanta íntegramente o cumprimento da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo co reparto de preservativos e dípticos informativos sobre o artigo 13.4 de dita Lei.

 

Según o Secretario Xeral, Aitor Bouza, “a Lei, impulsada por un goberno socialista, di que as mulleres mozas deben informar aos seus pais ou titores coa excepcionalidade de que haxa un conflito grave no ámbito familiar”, e lembra que “o 90% das mozas que toman esta decisión fano co coñecemento dos seus proxenitores”.

 

Bouza indicou que “como ben di Alonso, o asunto do consentimento das menores non é un asunto baladí, polo que as e os mozos socialistas non aceptaremos nin unha soa modificación na Lei vixente e esiximos que o Ministro destine o orzamento público para prevención sexual a través da Estratexia de Saúde Sexual e Reprodutiva que contempla a Lei”.

 

O Secretario Xeral indicou que “o Partido Popular non pode insultar de novo á cidadanía promovendo a idea de que esta reforma fortalece as estructuras de protección en España. A igualdade entre homes e mulleres non entende de retallos que atentan contra uns dereitos adquiridos grazas á democracia”.

 

“As mulleres mozas non son nin teroristas, nin nazis, nin incultas como quere facer ver o Goberno do Partido Popular; son mulleres libres, e como tal deben ter dereito a decidir sobre o seu corpo” –reitera Bouza- “A Lei recoñece o dereito á maternidade libremente decidida, o que implica non só recoñecer ás mulleres a capadidade de decisión sobre o seu embarazo, senón tamén que esa decisión, consciente e responsable sexa respectada”.

 

O Secretario Xeral defende que “a través destes repartos esiximos que o Goberno garanta medidas públicas de prevención e educación sexual, tanto no ámbito educativo como na formación dos profesionais da saúde, así como a garantía no acceso a métodos anticonceptivos”.

 

Dende a Organización conclúen afirmando que “non é digno dun gobernante democrático enganar con falsas críticas, nin moito menos tutelar ás mulleres mozas para satisfacer a moral podrida da xerarquía católica e contentar aos bispos, condeando ás mozas á clandestinidade da época franquista. Polo que seguiremos loitando en contra das políticas do PP, que perxudican ós dereitos de todas as mulleres mozas para servir aos intereses da Igrexa máis sexista”.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI