Síguenos:
     
Logo JSE


As XSG pídenlle a AGE que abandone a estafa electoral á que están sometendo á cidadanía a través da súa estratexia política





Imprimir




O secretario xeral, Aitor Bouza, declarou que “é escandoloso ver como AGE se aproveita da maioría absoluta do PP para demostrar dende a oposición cal é o seu obxectivo real: os socialsitas de Galicia. Lonxe de construír, destrúen e danlle máis argumentos e ferramentas ao Partido Popular para seguir fragmentando  á esquerda. Ala cada un coa súa estratexia, nós seguiremos traballando a prol dos dereitos dos galegos e galegas, sen renunciar aos nosos principios.

 

O secretario xeral das XSG valorou que “a súa estratexia baséase en atacar ao PSOE e tentar fulminalo do mapa a base de repertir constantemente a gran mentira que tanto lles funciona: que somos o mesmo. Esta estratexia de tratarnos como se fósemos o seu inimigo demostra a clara intención que teñen de desprezarnos polo simple feito de querer ocupar o noso espazo, en vez de querer loitar canda nós polos dereitos dos e das cidadáns e que é o Partido Popular o que llos está arrebatando coas súas políticas trasnoitadas.”

 

Bouza preguntouse “que é o que pretenden? Cando teñan que pactar co PSdeG aquí en Galicia, xa sexa nos municipios ou para optar a gobernar na Xunta de Galicia que dirán daquela? Seguiremos sendo o mesmo? Ou xa directamente van a pactar co Partido Popular como fixo o partido grego que tanto evocan nos seus discursos?”

 

O dirixente socialista destacou que “a ambición por ter poder demóstrase cando ao final, tras moitas leccións de bo facer, dependendo  da Comunidade Autónoma da que se trate se pacte con uns ou con outros, quizais sexa porque xa teñen interiozado de tanto repetilo que somos o mesmo.”

 

Os mozos/as socialistas destacaron que “mentres uns se dedican a pregoar que somos a ser un partido antigo e desfasado; o que seguiremos sendo é un país desfasado e antigo baixo unhas políticas impostas pola dereita máis rancia e reaccionaria. Isto non demostra máis que quizais sexa moito maior o interese por tentar desacritar ao PSOE que loitar polos dereitos da cidadanía.”

 

Bouza Manso valorou que “poden dicir o que queiran de todo o mundo, semellan inmaculados fronte a todo pronóstico, mais logo non tardan nin unha lexislatura en que as súas diferenzas sexan tan sumamente esaxeradas como para ter que formar un novo grupo parlamentario. Quizais faga falla un pouco de autocrítica porque a este ritmo que levamos acabará habendo máis parlamentarios no grupo mixto que polo que foron escollidos.”

 

Dende a Organización xuvenil socialista valoraron que “moitos defectos se nos achacan, pero a nosas crises internas non as solucionamos excluíndo a ninguén nin moito menos facendo que acabe tomando unha decisión tan drástica como é pasar a formar parte dun grupo diferente ao que concorreu nas eleccións. Quizais veñan agora a colación  as  verbas empregadas pola voceira de AGE de ‘terror’ e ‘pánico’.”

 

O secretario xeral considerou que “estanse a aproveitar da desconfianza e desafección da cidadanía na política. Reivindicamos a dignificación da política como un medio para cambiar a sociedade, como durante tanto anos fixemos os socialistas no noso país. Que a política sexa o lugar de encontro das diferentes concepcións da sociedade para loitar por un mundo máis xusto, no que a cidadanía sexa o principal.”

 

Bouza dixo que “as leccións pódense dar cando un aplica o exemplo, o que pasa é que algunhas formacións teñen moito que agochar e prefiren cuspir para outro lado e centrar o debate noutro tema para que non se fale do que a eles non lles convén. É o que pasa cando predicas e pides moita democracia para ti, mais esquéceste de practicala na túa propia formación”

 

Dende as XSG expuxeron que “a xente que votou aos socialsitas saben cal é a nosa forma de facer política e que estamos a traballar polos seus dereitos, con erros por suposto, pero sen empregar o sufrimento da xente como arma arreboladiza contra ninguén. Tamén saben algo moi importante, que o noso inimigo político é o Partido Popular e as políticas que condenan á mocidade a emigrar do seu país e non o resto de grupos do escenario político de esquerdas.”

 

Para concluír quixeron pór en valor que “os e as que participamos en política dende hai anos, loitando polos dereitos dos máis desfavorecidos, non imos a pemitir que a demogagoxia empregada eclipse a verdade nin moito menos que acabe coa política como ferramenta de traballo e de diálogo.”

 



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI