Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “RENFE rectifica e reforza os servizos ferroviarios que afectan ao estudantado, pero segue a ser insuficiente”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) lamentaron que “o tímido reforzamento da última semana no servizo de trens rexionais é manifestamente insuficiente. E seguirá a selo até que non haxa nin unha soa persoa que viaxe sen asento asignado”

 

O secretario xeral, Aitor Bouza, volveu a alertar “sobre o risco que esta práctica presenta para a seguridade dos usuarios e usuarias dos trens de media distancia”.  Porén, instou aos responsables de Fomento, e en consecuencia ao Partido Popular, a “rectificar de modo inmediato a súa política de vendas e das normas de seguridade para garantir a integridade dos e das viaxeiras”.

 

Do mesmo xeito, Bouza afirmou que “o obxectivo do Partido Popular consiste en desmontar os servizos públicos para así beneficiar ao sector privado”. “Por un momento, podían deixar a un lado aos seus intereses e traballar a prol do resto da cidadanía”, sentenciou o líder socialista.

 

Os mozos e mozas socialistas alegaron que “a mobilidade das persoas tamén é un dereito fundamental, que se está vendo ameazado polas súas políticas.” Por ese motivo, instaron ao Goberno a “a deixar de desfacerse de servizos públicos, para comezar a traballar pola súa mellora”.

 

Dende a organización xuvenil concluíron esixindo “un modelo público e de calidade de ferrocarrís que atenda ás necesidades dos mozos e mozas, agardando que deixen de ser o grupo de idade máis esquecido polo goberno do Partido Popular”.

 



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI