Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Europa dálles unha labazada a Rajoy e a Feijoo ante a súa nefasta política xuvenil”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) lamentaron a “chamada de atención que se lle dá ao goberno español dende o executivo comunitario, despois de que a comisaria de emprego, Marianne Thyssen, alertase sobre a insostenibilidade do nivel de paro xuvenil existente en España, debido esencialmente á segmentación entre contratos fixos e temporais”. “Con este goberno, estamos a dar, unha vez máis, vergoña en Europa, onde non cren na capacidade de xestión de Mariano Rajoy”.

 

O secretario xeral, Aitor Bouza, criticou o “entusiasmo co que o presidente Rajoy fala dunha inapreciable recuperación económica. Ogallá lle dedicase as mesmas forzas coas que pregoa as súas mensaxes electoralistas a loitar, de verdade, contra o paro xuvenil”. Nese sentido, esixiu “a inmediata derrogación da reforma do mercado laboral, a cal só ten producido unha maior desesperación entre a mocidade, véndose abocada ao exilio económico. Non obstante, semella que esta emigración dos mozos e mozas non lle preocupa demasiado ao Goberno, porque lles axuda a maquillar as cifras do paro”

 

Bouza lembrou que “esta leve mellora nos datos económicos non vai acompañada da recuperación das familias españolas, que ven o seu poder adquisitivo cada día máis mermado” e recordou que “actualmente, o 60% dos desempregados son de longa duración”. Porén, esixiu ao presidente do Goberno e ao seu delegado en Galicia, o Sr. Feijoo, “máis realismo e menos electoralismo á hora de entrar a valorar a situación do mercado laboral español”.

 

Dende a organización destacaron a “países punteiros en innovación como Dinamarca, Austria, Holanda ou Suecia como un exemplo a seguir de cara a mellorar a situación laboral da mocidade.” “A recuperación económica a social das clases medias e traballadoras debe conseguirse, principalmente, mediante accións concretas como un maior investimento en formación continua e educación, ou a adopción de medidadas encamiñadas a unha maior conciliación laboral”

 

O dirixente socialista concluíu preguntándose “non sabemos como o presidente da Xunta estivo onte de vacacións por Bruselas e non se lle caeu a cara de vergonza ante o informe que deixa as políticas do Partido Popular que el mesmo está a implantar en Galicia, na clara evidencia de que van en contra dos dereitos da mocidade galega.”

 



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Estructura de JSE
Militante. Persona afiliada a Juventudes Socialistas...
Quiénes somos
Juventudes Socialistas de España (JSE) se constituye como la...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI