Síguenos:
     
Logo JSE


As XSG esixen a Feijoo que dea unha solución aos 10.000 mozos galegos aos que o PP lles denegou a bolsa de estudos



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) denunciaron hoxe o drama que están a vivir 10.000 mozos/as galegos que solicitaron unha bolsa de estudos do Ministerio de Educación e viron a súa solicitude denegada. “Por se fose pouco, aqueles que tiveron a sorte de recibir unha resposta afirmativa do Ministerio viron a súa contía reducida case na cuarta parte” valoraron dende a Organización.

 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, afirmou que esta situación para moitos mozos “supón a diferencia entre seguir estudando e ter que deixar a carreira, pero aínda deben superar unha dificultade máis: o pago efectivo da bolsa realízase practicamente cando o curso xa está case acabado, polo que son sumamente ineficaces.”

 

Os mozos/as socialistas alegaron que “é moi curioso que o goberno si pague ao contado a indemnización de 1.350 millóns de euros a ACS polo Proxecto Castor e os estudantes sufran atrasos continuos dunhas bolsas que se están a converter máis nun premio escaso que nun método de asegurar que todos e todas teñamos acceso á universidade.“

 

Bouza recriminoulle ao Sr. Feijoo que a súa única resposta sexa a de optar pola maquillaxe electoralista e populista. “A Consellería de Educación convocou unhas bolsas anunciadas con moito bombo, pero pouco preparadas para afrontar os problemas dos mozos e mozas galegos.“ – engadiu.

 

O dirixente socialista denunciou que “estas tan anunciadas bolsas, que sufragarían o custo da matrícula, pero non os outros custos que teñen que afrontar os estudantes, teñen unha dotación orzamentaria ridícula, que como moito permitirá dar 323 axudas.”

 

O secretario xeral valorou que “dende o Partido Popular se están a rir do estudantado, dado que a solución de Feijoo é sacar 323 bolsas para 10.000 estudantes aos que lles denegaron a bolsa do Ministerio ante nova política de Rajoy, pola que non só reduciron as bolsas, senón que tamén aumentaron os requisitos para obtelas.”  

 

Dende as XSG concluíron valorando que “a estas escalofriantes crifras temos que sumar a todos os/as estudantes que a precisan, pero non a piden porque saben que cos exixentísimos criterios do ministerio a bolsa de estudos é misión imposible.”

 



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI