Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Debemos garantir con urxencia os dereitos do colectivo LGTBI”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) súmanse á masiva bicada popular contra o acoso escolar e a violencia contra as persoas por motivos de orientación sexual ou identidade de xénero, convocada pola FELGTB con motivo da celebración mañá venres 30 de xaneiro do Día Mundial pola Paz e Contra a Violencia.

 

Segundo Aitor Bouza, Secretario Xeral da Organización, “esta acción pretende poñer de manifesto as últimas agresións homófobas contra diferentes persoas mozas e lembrar que a xuventude é un dos sectores de poboación máis vulnerables, debido ao acoso escolar e a violencia que sofren por parte de diferentes colectivos radicais e intransixentes, e ademais visibilizar o desamparo do seu entorno máis próximo”.

 

Bouza asegurou que “en España, a eliminación de Educación para a Cidadanía e a desaparición na súa regresiva reforma educativa de calquera mención a promover o respecto á diversidade sexual e familiar, retrata novamente a actitude do Partido Popular no ámbito dos dereitos e as liberdades públicas. A todo isto, debemos sumarlle os recortes en materia de igualdade e en prevención de enfermidades de transmisión sexual, vendo claro que o PP pretende desmantelar os avances que o colectivo desenrolara con gobernos socialistas”.

 

Por iso, dende a Organización se suman a esta iniciativa, que segundo o Secretario Xeral, “pretende dar visibilidade e fomentar o respecto pola diversidade afectivo sexual das persoas, e loitar contra o acoso nas aulas econtra calquera tipo de discriminación por motivos de orientación sexual ou identidade de xénero”.

 

Bouza conclúe afirmando que “froito deste compromiso, animamos á mocidade a que participe nas actividades programadas ao longo do Estado, asícomo a adherirse ao manifesto elaborado pola FELGT, pois é necesario que garantamos con urxencia os dereitos do colectivo LGTBI e condear e perseguir estes constantes ataques”.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI