Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Opoñémonos rotundamente ao 3+2 de Wert por restrinxir o acceso á universidade e devaluar as carreiras”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) aseguraron, trala información exposta na rolda de prensa do Consello de Ministros, que o novo sistema universitario que pretende implantar o Goberno coñecido como “3+2” supón un duro golpe á xa castigada universidade pública. Ademais, os e as mozas socialsitas aseguran que este sistema traerá de seu unha maior devaluación da cualidade educativa, ao pasar os graos de 4 a 3 anos e ser preciso un máster complementario, economicamente fóra do alcance da maioría.


A Organización reitera que este cambio, innecesario e a toda presa, restrinxirá o acceso á Universidade a moitos mozos/as, incapaces de asumir o encarecemento das matrículas. “Atopámonos ante unha saturación de sistemas superpostos, xa que non permiten ás Universidades revisar os fallos do actual programa, cando xa está a impor outro.”

 

Para o secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, “é inaceptable o ataque constante que sofre o noso sistema educativo, imposto por un goberno que fai oídos xordos a unha comunidade educativa que clama reflexión e diálogo.” “Atopámonos ante a absoluta mercantilización da universidade, xa que claramente é unha medida que só favorece aos centros privados”- engadiu.

 

Segundo Bouza “As universidades públicas, carentes de recursos para afrontar outro cambio no modelo, ven mermada a súa cualidade e o alumnado ve como as súas carreiras cada día son máis xerais e non permiten especializarse sen pagar un alto prezo.” “Dende que Wert chegou ao Ministerio de Educación a universidade de todos e todas só recibiu xesteirazos dos que lle será moi difícil reporse”- afirmou.


O dirixente socialista sentenciou “as e os estudantes atópanse perdidos, sen unha orientación educativa sólida e supeditados á súa capacidade económica para poder exercer a súa profesión, cun sistema precario de bolsas que lles axude.” “O Goberno de Rajoy, unha vez máis coas súas imposicións, está a acabar coa igualdade de oportunidades.”

 

O secretario xeral concluíu instando ao Sr. Feijoo “a defender os dereitos dos galegos e galegas e oporse como primeiro dos galegos a esta ataque frontal á universidade pública e deixar de ser unha vez por todas o palmeiro de Rajoy. Igualmente, instou ao Sr. Wert á reflexión para que “por levar a cabo imposicións unilaterais en contra da cidadanía logo non teña que presentar a súa dimisión como lle pasou ao Gallardón por ir en contra das mulleres. “



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI