Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “A privatización por parte do PP do sector ferroviario está a conseguir que se traten ás persoas como se fosen mercadorías”





Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) denunciaron hoxe o nefasto modelo de xestión de Renfe, subestimando as condicións de inseguridade que se dan especialmente nos trens do eixo atlántico. Despois de que os propios estudantes grabasen a problemática que se repite periodicamente todas as fines de semana, onde se observa persoas de pé ou sentadas nos corredoiros ao non ter praza para sentarse.

 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, afirmou que “non comprendemos que a compañía pública non aprecie un risco para a seguridade dos viaxeiros no feito de que estes bloqueen as saídas, tamén coas súas maletas, por non ter outra alternativa de transporte”. Asemade, avisou á ministra de Fomento, Ana Pastor, de que “os seus retallos están a afectar á seguridade das persoas que confían en Renfe para viaxar”.

 

Bouza sentenciou “nisto consiste o modelo do Partido Popular: desmontar os servizos públicos, de xeito que, ao verse mermada a súa calidade, os usuarios opten por outras empresas que sexan privadas”. O líder socialista tamén alertou sobre “a privatización do sector ferroviario, que lonxe de mellorar a súa calidade, o que está a facer é transformalo nun servizo tercermundista, onde se trata ás persoas como se fosen mercadorías”.

 

Ademais, o Secretario Xeral afirmou que “Feijóo está sendo cómplice co seu silencio, coma sempre, desta situación. Mentres el mira para outro lado, a mocidade galega viaxa en pésimas condicións entre as cidades da nosa comunidade”.

 

Dende a organización xuvenil socialista recordáronlle ao Partido Popular que “a mobilidade das persoas tamén é un dereito fundamental, que se está vendo ameazado polas súas políticas.” Por ese motivo, instaron á titular de Fomento a “a deixar de desfacerse de servizos públicos, para empezar a traballar pola súa mellora”.

 



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Estructura de JSE
Militante. Persona afiliada a Juventudes Socialistas...
Quiénes somos
Juventudes Socialistas de España (JSE) se constituye como la...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI