Síguenos:
     
Logo JSE


Aitor Bouza, novo membro da Comisión Executiva Federal das Juventudes Socialistas de España



Imprimir




O Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, forma parte dende o pasado sábado da Comisión Executiva Federal das Juventudes Socialistas de España.

 

Nunha entrevista en Radio Voz esta mañá, Aitor Bouza afirmou que “tomo esta nova etapa con gañas e ilusión para dende a CEF e tamén dende as XSG seguir defendendo os dereitos dos mozos e mozas aniquilados polos gobernos do Partido Popular”.

 

“Temos por diante un 2015 esperanzador, con varios comicios electorais nos que o PSOE ten que volver a contar coa confianza maioritaria da cidadanía e así rematar coas nefastas políticas do Partido Popular”, engadiu Bouza.

 

O Secretario Xeral continuou “o municipalismo é a base do socialismo, polo que traballaremos arreo para contar co máximo de concelleiros/as e Alcaldes e Alcaldesas do noso partido en tódalas vilas e cidades e así facerlle chegar aos mozos e mozas as nosas ideas de presente e futuro”

 

Asemade, o Secretario Xeral das XSG afirmou “quero agradecer o traballo realizado por Patricia Rodríguez, compañeira das XSG e anterior membro da CEF que deixa a nosa organización por idade”.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2018   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI