Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Mentres as familias sofren o drama dos desafiuzamentos, a Igrexa goza de privilexios fiscais”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia presentaron hoxe a súa campaña “Hipoteca asinada, Igrexa beneficiada” que pretende denunciar que mentres as familias do noso país sofren o drama dos desafiuzamentos, a Igrexa goza de privilexios fiscais.

 

O Secretario Xeral, Aitor Bouza explicou que “España vive una situación de crise e estancamento económico onde a falta de emprego, especialmente nos mozos e mozas con idade de emanciparse, xunto co el elevado custo do acceso a unha vivenda imposibilitan a emancipación dos máis mozos. Esta situación agrávase debido á inexistencia de políticas de estimulo para a contratación ou o acceso á vivenda protexida”.

 

“Mentres isto ocorre, na ultima década a Igrexa católica inmatriculou aproximadamente máis de 4.500 inmobles no noso país, dende garaxes a vivendas pasando por cemiterios ou terreos agrícolas”, engadiu Bouza.

 

O Secretario Xeral expuxo que “os datos apuntan a que o pasado 2014 será un dos peores anos para a vivenda e as familias en España e o Goberno de Mariano Rajoy non foi capaz capaz de aprobar unha lei efectiva contra os desafiuzamentos e a favor do acceso á vivenda de mozos, familias desafiuzadas ou persoas en risco de exclusión social.”

 

Os mozos e mozas socialistas manifestaron que “deben ser esixidos os títulos de propiedade de todas as propiedades que la Igrexa católica ten rexistradas e devolver todas aquelas que non dispoñan dos mesmos”.

 

“Moito do patrimonio inmatriculado é parte dos bens públicos de moitos/as cidadáns, xa que forman parte da historia e patrimonio cultural de centos de vilas e cidades. Así mesmo, los inmobles que se atesouran poderían poñerse a disposición dos municipios para ser empregados como vivenda social para familias desafiuzadas ou en risco de exclusión”, afirmou Aitor Bouza.

 

“É necesario denunciar o Concordato co Vaticano respecto ás exencións fiscais da Igrexa así como unha modificación sobre o pago del IBI. O profundo respecto á liberdade relixiosa non está en contradición cos deberes tributarios”, concluíron os mozos e mozas socialistas.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2018   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI