Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Feijoo culpabiliza aos pacientes de non abrigarse e terse posto enfermos para xustificar a súa incompetencia e tapar a privatización”





Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia saíron hoxe ao paso das declaracións realizadas pola conselleira de sanidade no día de onte, nas que afirmaba que os pacientes eran corresponsables do colapso nas urxencias en Galicia.

 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, cualificou de “lamentables e inxustificables” estas declaracións que segundo expuxo “non son máis que a mostra da incompetencia do Partido Popular para xestionar os servizos públicos para sexan de calidade. Quizais sexa porque non cren nin no público nin no dereitos de todos os e as cidadáns a unha sanidade universal e gratuíta.” Preguntouse así mesmo: “que será o próximo? Culpar aos pensionistas de facerse maiores?”

 

Bouza destacou que “cada vez que hai algún problema e os dirixentes do PP vense cuestionados por algún tema de actualidade e se lles pregunta moito ao final escápaselle o que pensan realmente e bótanlle a culpa á cidadanía porque neste caso non poden dispensar pelotas de goma.”

 

O dirixente socialista remarcou que “os retallos e a privatización que está a levar a cabo o Partido Popular en Galicia coa sanidade demostra unha vez máis que este modelo é prexudicial para a cidadanía, xa que como sempre aos únicos que benefician son aos seus amiguiños da privada. A merma deste servizo e o seu colapso é consecuencia dunha nefasta xestión que tanto os axentes sociais como os socialistas levamos alertando dende hai xa anos.”

 

O secretario xeral concluíu esixindo ao Sr. Feijoo que cese de inmediato á conselleira de sanidade e que pida perdón a todos os galegos e galegas por ter levado a cabo a maior privatización e destrución do sistema sanitario galego que agora estamos comezando a pagar todos e todas. Aínda que segundo expuxo “pouco lle importa xa a Feijoo como quede a sanidade en Galicia xa que as súas aspiracións políticas fican hoxe moi lonxe da nosa terra, polo que o único que está desexando é que pase o inverno para pasar este temporal.”



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI