Síguenos:
     
Logo JSE


XSG esixe ao Goberno, unha vez máis, que deixe de intentar tutelar ás mulleres mozas só para contentar ao seu electorado máis reaccionario





Imprimir




Xuventudes Socialistas de Galicia volve a esixir ao Goberno de Mariano Rajoy que garanta integramente o cumprimento da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo. O Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza, denunciaba este día que “unha vez máis, o PP intenta tutelar ás mulleres mozas para contentar ao seu electorado máis reaccionario”.

 

Bouza indicou que, “ante as declaracións do Ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Alfonso Alonso, cabe recordarlle os últimos datos facilitados polas clínicas acreditadas que indican que tan só o 0,41 % de abortos realizados corresponden a mulleres de 16 e 17 años que non puideron informar aos seus pais, e en todos eses casos existiron motivos fundados e de peso para non ter que facelo”.

 

O Secretario Xeral denunciou a inmoralidade de Alonso e de todo o PP que non recoñecen que a Lei vixente “protexe a mulleres mozas que se encontran en situación de desarraigo familiar, violencia de xénero, coaccións, ameazas, e que esa é a razón, a protección das mulleres en esa situación pola que a lei permite protexelas”. E insistiu, “se a modificasen, estarían poñendo en risco a vida das mulleres mozas e abocándoas ao aborto clandestino”.

A Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo impulsada por un goberno socialista –reitera Bouza-  recoñece o dereito á maternidade libremente decidida, o que implica non só recoñecer ás mulleres a capacidade de decisión sobre o seu embarazo, senón tamén que esa decisión, consciente e responsable, sexa respectada”.

 

“Por responsabilidade,  o que debería facer o Ministro é pedirlle ao seu partido a retirada do recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Prazos, destinar orzamento público para prevención en materia de saúde sexual e reprodutiva e deixar de intentar enganar a unha cidadanía que está conforme coa Lei vixente como xa teñen demostrado en varias manifestacións ao longo do 2014”, concluíu o Secretario Xeral.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI