Síguenos:
     
Logo JSE


As XSG valoran de repugnantes as declaracións de “Los Chunguitos” e expresan a súa máis enérxica condena á homofobia





Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia saíron hoxe ao paso ante declaracións que se produciron no día onte: “A nadie en este planeta le gustaría tener un hijo maricón” e “un hijo deforme o con una enfermedad antes que sea maricón” Estes comentario que onte, desgraciadamente, dous concursantes do famoso reality “Gran Hermano VIP”, José y Juan Salazar, máis coñecidos como “Los Chunguitos” expresaban ao resto dos seus compañeiros/as e ante toda a audiciencia.

 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, acompañado da secretaria de igualdade, Laura Requejo considerou ditos comentarios como “insultantes, homófobos e repugnantes, dado que fomentan o rexeitamento e odico cara o colectivo LGTB en tempos onde lamentablemente aumentan os delitos por odio cara persoa do coletivo.”

 

Bouza aproveitou para aplaudir a valentía da dirección federal das JSE ante a remisión inmediata dunha carta remitida a todos os axentes sociais que interveñen na emisión do programa pedindo a expulsión inmediata destes individuos. “Unha mostra que a nosa Organización defende sempre os dereitos da mocidade, loitando en contra das discriminacións e apostando pola dignidade das persoas que integran a nosa sociedade.”

 

Dende a Organización valoraron que “actualmente os ataques a persoas LGTB sucédense día a día e enchen as primeiras páxinas dos diarios do noso país. Un colectivo historicamente atacado e humillado que volve a ser novamente atacadado. Esta non é máis que outra mostra do acoso diario que sofren as persoas LGTB, por iso cremos que a única maneira de acabar con isto é dando exemplo e expulsando a calquera persoa que profese ideais homófobos, xenófobos ou racistas.”

 

Os dirixentes socialistas fixeron fincapé en que “cremos nunha sociedade aberta e tolerante, onde o respecto cara o próximo, a igualdade e a diversidade son valores fundamentais. Desgraciadamente, os comentarios dos seus dous concursantes afástannos cada día desa meta. Consideramos que Endemol, Mediaset, Zeppelin TV, Telecinco e o propio Gran Hermano deben ser conscientes e responsables da influencia que exerce a súa programación sobre a sociedade, en especial sobre as persoas máis novas; e considerar se valores como a intolerancia e o desprezo cara calquera persoa independentemente da súa opción sexual ou de xénero son aqueles que queren que a súa cadena e os seus contidos transmitan.”

 

As XSG lembaron que “dende o ano 200, Mediaset e en concreto Telecinco, desenvolven o proxecto “12 meses, 12 causas”, descrito pola propia cadena como “un proxecto solidario que a converte na primeira cadena en dedicar o seu potencial a sensibilizar aos seus espectadores sobre 12 temas sociais concretos cada ano.” Este feito deixa en evidencia o coñecemento da cadena sobre a repercusión social das mensaxes que emiten, o que nos fai esperar que a súa actuación sexa exemplar, deixando claro que este tipo de accións non só non son respectables nin tolerables, senón que teñen que ser penalizadas e desacreditadas publicamente.”

 

Para concluír, expuxeron “aplaudimos a medida do concurso de non mostrar as imaxes ao público, mais non cremos que sexa suficientes, invisibilizar a homofobia non acaba con ela, hai que combatila. Porén, perdimos a todos os axentes que interveñen na emisión deste programa que procedan á expulsión inmediata destes dous concursantes por comentarios que vulneran a dignidade de milleiros de persoas en España. O non facelo deixaría á cadena e ao programa como copartícipes dunha falta de respecto e un ataque directo ao colectivo homosexual/LGTB e a todas as persoas que se solidarizan contra a desigualdade en calquera das súas formas.”



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI