Síguenos:
     
Logo JSE


As XSGalicia mostran a súa enérxica repulsa á intolerancia e o fanatismo que pretende ameazar á liberdade de expresión





Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia queren mostrar a súa consternación ante o brutal atentado vivido hoxe en París contra o xornal satírico “Charlie Hebdo” no que faleceron 12 persoas, asasinadas a sangue fría por tres terroristas yihadistas.

 

Os mozos e mozas socialistas queren mostrar a nosa  máis sincera e contundente repulsa a todo tipo de violencia e terrorismo, nesta ocasión concretamente contra o que utiliza a relixión como pretexto. Non hai argumentos, xustificacións ou escusas válidas para roubar a vida de ninguén, menos aínda cando o motivo é tratar de coartar a liberdade de expresión.

 

O Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza manifestou que “tamén queremos facer chegar o noso calor, apoio e solidarizade aos familiares e amigos das vítimas e a todo o pobo de Francia nestes momentos tan duros. En España sabemos do que vos falamos, pois tivemos que vivir durante demasiados anos baixo a ameaza do terror e só se vence se todos e todas permanecemos unidos. É hora de estar xuntos e facernos fortes mediante a Democracia”.

 

Neste senso, Aitor Bouza asegurou que “os socialistas temos defendido, defendemos e defenderemos a liberdade de expresión e de conciencia como dereitos fundamentais inalienables. Consideramos que unha sociedade democrática fundaméntase na libre expresión de ideas e de pensamentos e que iso é algo que, ni tan sequera a través da morte, se pode poñer en dúbida”.

 

As XSG fan un chamamento á  razón. “Un acto de estas características non é extrapolable a toda unha sociedade, a toda una relixión. A Xenofobia e o odio van a tratar de alimentarse con este tipo de acontecementos tratando de xustificar os seus posicionamentos de odio e intolerancia, pero debemos ser máis intelixentes que eles. Hai que ser conscientes que un acto destas características é obra duns individuos concretos cuxos corazóns baleiros só coñecen a escuridade. A súa procedencia,  a súa orixe, o seu sexo,  a súa relixión ou a súa orientación sexual non teñen nada que ver con loucura cometida hoxe”, afirmaron.

 

“Paz como medio de alcanzar a liberdade. Porque a liberdade de expresión no é negociable”, concluíron as XSG. 



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI