Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Esta Lei demostra unha forma de gobernar baseada no totalitarismo”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia lanzou hoxe a campaña #LibertadRobada contra a Lei de Seguridade Cidadá, imposta de maneira unilateral polo Goberno do Partido Popular e que se debate hoxe no Congreso dos Deputados, por considerala unha proposta innecesaria que pretende, a raíz da intensa actividade dos movementos sociais, xerar o medo en quen queira exercer o seu dereito de manifestación e expresión.

 

 

 

Para Aitor Bouza, secretario xeral de XSG, “Se esta Lei chega a aprobarse, os corpos e forzas de seguridade do Estado terán unha gran capacidade de actuación en base a meras sospeitas, provocando a inseguridade na cidadanía e xerando un ambiente de sospeita e desconfianza cara os demais”.

 

 

En opinión de Xuventudes Socialistas, “atopámonos ante un grave problema de inseguridade xurídica ao descoñecerse en que situacións considérase preciso que os axentes actúen para previr un delito. A suposta tranquilidade no espazo público limita os dereitos fundamentais como o de manifestación, expresión ou reunión cunhas sancións completamente desorbitadas”.

 

 

Bouza asegurou que “sancionar de maneira exacerbada determinadas mostras de opinión por consideralas un ataque á seguridade colectiva non é unha solución ao problema”. “Un severo sistema sancionatorio non nos proporcionará a seguridade da que fala o Goberno do PP, senón que o fará unha boa educación en valores. Tristemente, o Partido Popular xa demostrou que a educación pública de calidade non entra nas súas prioridades” – engade.

 

 

O dirixente socialista remarcou que “hoxe debátese no Parlamento de Galicia a instancias dos socialistas cal é a opinión da Xunta de Galicia ao respecto da aprobación que ataca frontalmente as liberdades e dereitos fundamentais. O Sr. Feijoo pode aproveitar unha vez máis para desmarcarse da política represiva do seu amigo Rajoy, dubidamos aínda así que o faga, xa que segundo sabemos é un claro defensor desta forma de represión. Só temos que lembrar os “pequenos” incidentes coas “pelotiñas de gomas”.

 

 

O secretario xeral de XSG concluíu afirmando que “debemos apostar por leis que permitan expresar o pensamento libremente e actuar de maneira independente sin que se considere un ataque a orde pública. O Estado de Dereito, de aprobarse esta Lei, quedará unha vez máis profundamente dañado. De novo, Rajoy quita competencias á Xustiza para asegurarlle ao Goberno un control sobre a poboación”.

 

 

AUDIO:

 

(Pica na imaxe)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



Imprimir




Noticias relacionadas

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI