Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Coa excusa da crise, a dereita castiga cada día a miles de nenos e nenas á pobreza”



Imprimir




Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) realizou hoxe, con motivo do Día dos Dereitos Humanos, un chamamento pra que o Gobierno do PP actúe eficientemente contra a pobreza e a exclusión social que sofre a infancia galega.

 

Pra o Secretario Xeral de XSG, Aitor Bouza, “Observamos cada día a vulneración dos Dereitos Humanos nos nosos nenos e nenas. Según datos de Save the Children, 1 de cada 3 atópase en risco de pobreza sen recibir unha alimentación adecuada ante a situación de pobreza, as veces extrema, que sufren as súas familias”.

 

Pra Bouza, “O PP debería estar ampliando competencias que axuden a mellorar a inclusión social e a promover o desenvolvemento da infancia. Coa excusa da crise, non se está garantindo o dereito das persoas ao benestar social, descuidando de maneira alarmante a nutrición, especialmente nas idades máis temperás”.

 

“Agora máis ca nunca, – engadiu o Secretario Xeral– debemos actuar contra a espiral de pobreza hereditaria que se transmite nas familias con menos recursos pra garantir a equidade e igualdade de oportunidades pra todos e todas. É inadmisíbel cos nenos e nenas sexan o grupo de poboción máis pobre, castigado cada vez máis pola debilidade da protección dun sistema público que só sabe recortar en axudas e servizos”.

 

Bouza concluíu, sentenciando, “A protección dos Dereitos Humanos debería ser unha prioridade pra calquer Goberno que aspire a crear unha sociedade máis xusta, os nosos nenos e nenas non poden permitirse sufrir as consecuencias da crise económica como está a acontecer no noso país”.

 

AUDIO:

(pica na imaxe)

 

 

 



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Estructura de JSE
Militante. Persona afiliada a Juventudes Socialistas...
Quiénes somos
Juventudes Socialistas de España (JSE) se constituye como la...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2018   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI