Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “A privatización do Servizo Público de Emprego de Galicia pon de manifesto a incapacidade de Feijoo”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) denunciaron hoxe que “ante a incapacidade da Xunta de Galicia e do seu presidente, Alberto Núñez Feijoo, para atallar o problema do desemprego, opten por desmantelar o Servizo Público de Emprego de Galicia, para que unhas axencias alleas á administración se lucren da desesperación de milleiros de familias galegas”.

 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, criticou que estas axencias privadas de colocación, entre as que se encontran xigantes do sector das ETT’s, “reciban incentivos de até 450 euros por delatar a desempregados, mostrando como unha vez máis o Partido Popular pretende rematar cos enfermos para acabar coa enfermidade”.

 

Bouza resaltou que “ademais de prexudicar ás persoas en desemprego, xa que o seu futuro se verá condicionado polos intereses dunhas empresas privadas, deixa a un lado aos mozos e mozas de menos de 29 anos, posto que este tramo de idade é polo que menos lle pagará a Xunta a estas axencias de emprego”. Segundo Bouza, “trátase dun novo esquecemento por parte do señor Núñez Feijoo, que segue a empurrar á xuventude cara o exilio económico”.

 

O dirixente socialista concluíu instando ao presidente da Xunta a “deixar de priorizar os intereses duns poucos e a presentar un Plan de Emprego Mozo serio que non sexa un parche nin que subvencione a explotación dos mozos e mozas que traballan en empregos precarios”. Deste xeito, lembroulle “a PNL que rexeitou o PPdeG hai un ano no Parlamento, na que os socialistas instábamos a derrogar a Reforma Laboral de 2012, a levar a cabo mecanismos fiscais para evitar a emigración, recuperar a inversión en I+D+i a niveis de 2010 ou rebaixar as condicións de acceso a bolsas, así como unha mellora da súa contía”.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI