Síguenos:
     
Logo JSE


XSG pide ao Goberno unha Lei para paliar a pobreza enerxética que sofren máis de 7 millóns de españois



Imprimir




Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) denuncia que, como consecuencia da crise e a mala xestión do Goberno en política enerxética, multitude de fogares son incapaces de costear a enerxía suficiente para a satisfacción das súas necesidades domésticas básicas, o que é coñecido como pobreza enerxética.

 

Segundo o Secretario Xeral, Aitor Bouza, “sete millóns de españois  teñen serias dificultades para facer fronte ao recibo da luz a final de mes, debendo dar prioridade ou elixir entre que cuestións básicas de subsistencia poden permitirse e cales non”. “Consideramos esta situación indigna e cremos que o Goberno debe dar unha resposta contundente á cidadanía ao respecto” –sinalou.

 

Para Bouza “as consecuencias da pobreza enerxética sobre o benestar das persoas afectan á saúde física e mental. Segundo o INE, o 9% dos fogares do noso país non poden manter a súa casa a unha temperatura adecuada, o que supón un risco especial para nenos, anciáns e enfermos”. “Non se pode consentir -engade-, que en pleno século XXI en España millóns de persoas pasen por situacións como o risco de endebedamento e desconexión do subministro”.

 

Aitor Bouza sentencia, “Fronte a este grave problema existen dúas formas de actuar, unha é mirar para outro lado e a outra é plantexar unha solución que remedie estas situacións dramáticas que sofren os cidadáns. O Goberno do PP optou pola primeira opción, pero a mocidade socialista esiximos solucións”.

 

“O Goberno de España debe mellorar a lexislación vixente para protexer aos consumidores en risco de pobreza enerxética. Deben elaborar unha Lei que protexa aos consumidores e garanta o subministro de enerxía como un dereito social básico. Os e as consumidores máis vulnerables deben poder acceder a unha tarifa social en función dos seus ingresos e non do mercado e, o que é máis importante, que non haxa cortes de subministro en inverno, financiando a diferenza entre a tarifa social e o consumo real a través de fondos públicos” concluíu o Secretario Xeral.

 



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI