Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Instamos ao goberno galego a seguir a senda de Asturias e propor unha reforma que amplíe e garanta os dereitos fundamentais”





Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) quixeron  hoxe reiterar o seu compromiso co sistema constitucional apostando por un novo pacto cidadá que rexenere a nosa democracia,  a dote de maior lexitimidade e a prepare para afrontar os novos desafíos da nosa época co fin de voltar a facer de España un proxecto atractivo e compartido que dé seguridade, liberdade e garantías de progreso e benestar a todos os seus cidadáns.

 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, declarou que “os tempos cambian e as sociedades avanzan. Hoxe máis que nunca temos que apostar claramente por un estado social e de participación, no que os e as cidadás se sintan plenamente integrados no sistema a través do seu marco constitucional”

 

Bouza valorou que “as políticas dos gobernos vense ao final nas súas propostas e nas súas votación. Por iso, instamos ao goberno de Núñez Feijoo a que aposte pola senda do progreso social como fixo o goberno Asturiano de Javier Fernández e se desmarque tamén do voto en contra do seus compañeiros/as populares ante esas propostas. É un bo momento para que lle demostre a Rajoy o bo ministro que pode ser propoñendo unha modificación da Constitución, apostando por recoller na Carta Magna os dereitos básicos que o seu propio partido está aniquilando.”

 

O dirixente socialista ironizou dicindo que “non imos tampouco a sorprendernos de que o Partido Popular non queira modificar a Constitución e adaptala aos novos tempos e realidades porque aínda que agora a defenden por considerarse os máis patriotas, non a votaron a favor”

 

O mozo socialista valorou “todos os logros acadados polo esforzo da sociedade española e grazas ás leis de progreso impulsadas polos gobernos socialistas, non poden agora nin nunca pola chegada dun goberno rancio e autoritario, ser suprimidas dun plumazo. En consecuencia, temos que garantir e plasmar no texto constitucional estes avances como dereitos inviolables.”

 

Bouza concluíu Seríamos cegos se non quixesemos ver e acometer as reformas constitucionais para que os nosos veciños/as se sintan cómodos baixo un texto constitucional adaptado ás necesidades do século XXI. Animamos a todos e todas a ter un debate sereno e produtivo para as persoas, deixando a demagoxia e os intereses partidistas a un lado”

 

PROPOSTAS SOCIALISTAS

 

O secretario das XSG aproveitou para aplaudir as reformas propostas polo PSOE nesta última semana e animou a toda a cidadanía a “sumarse e debater con nós cales son as propostas que desexan facer.” Bouza destacou os eixos fundamentais das proposta de reforma constitucional que presentaron os socialistas:

 

  1. Blindar o sistema de dereitos, liberdades e a igualdade de todos os españois.
  2. Modernizar a nosa democracia, ampliando os espazos de participación cidadá na toma de decisións polo Parlamento y polo Goberno; mellorar a representatividade dos parlamentarios; reducir á mínima expresión os aforamentos; finalizar cos indultos por causas políticas...
  3. Transformar a España autonómica na España federal. Resolver as disfuncións do Estado das Autonomías provocadas tras máis de tres décadas de existencia. 


Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI