Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Esiximos a Feijoo que deixe de facer propaganda co Plan de Vivenda e convoque de inmediato as axudas”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) saíron ao paso da publicación no día de hoxe á Resolución da Xunta de Galicia publicada no presente día, pola que se lle dá publicidade ao convenio de colaboración asinado entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan estatal de fomento do alugamento de vivnedas a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013/16.

 

 O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, manifestou que “alégramonos de que a nosa campaña na que reivindicábamos unha vivenda como dereito tivese repercutido na acción diaria da Xunta de Galicia e fixera polo menos que despertaran deste longo letargo no que se atopaban. Pero aínda así, non nos conformamos coa propaganda do Partido Popular, queremos ver dunha vez as axudas convocadas.”

 

 Bouza reivindicou “menos dar publicidade ao obvio e máis traballar para presentar canto antes o desenvolvemento do Plan na nosa Comunidade Autónoma. O lóxico tivese sido publicar este convenio xunto co desenvolvemento e sen dúbida coa convocatoria das axudas. Así tiveran demostrado tamén un mínimo de eficacia no seu traballo.“

 

 O secretario xeral ironizou “casualmente un convenio asinado no mes de setembro dáselle publicidade a dous días de rematar o mes de outubro (despois da nosa reivindicación), pero nembargantes os meses pasan e o Sr. Feijoo segue máis preocupado de ocupar páxinas nos xornais que de solucionar os problemas reais dos e das cidadáns.”

 

 Bouza criticou que esta publicación responde “a unha artimaña máis do Partido Popular para gañar tempo, ao ver que dende a oposición non tragamos con mentiras e patrañas e esiximos que se rectifique de inmediato esta dilación indebida no desenvolvemento dun Plan de Vivenda que vai a beneficiar a tantos mozos/as de Galicia.”

 

 “Estamos seguros que se o Ministerio estivese ocupado por un socialista, o Sr. Feijoo responsabilizaríanos de todos os males e de que non se tivese levado a cabo, sendo así o defensor a ultranza de Galicia. Nembargantes, ante os  seus compañeiros de filas, pon por diante os seus intereses no Partido Popular que os intereses dos galegos e galegas e dá a calada por resposta.“ recriminou o dirixente socialista.

 

 O secretario xeral finalizou lembrando que “Galicia é a comunidade con maior porcentaxe de vivendas baleiras de España; case 300.000 casas desocupadas nas catro provincias e por iso o Goberno da Xunta tiña que ter posto maior dilixencia neste tema, deixar a un lado os réditos electoralistas e sacar adiante canto antes este Plan que beneficiará a moitos/as cidadáns do noso país.”

 

 

 



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI