Síguenos:
     
Logo JSE


As Xuventudes Socialistas de Galicia lamentan que as Novas Xeracións intenten reprimir a voz do estudantado



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) mostran o seu rexeitamento a todas as manifestacións violentas pero non é o caso do acontecido con Feijoo na USC, onde o estudantado mostrou e canalizou o que pensa a maioría da cidadanía sobre o Sr. Feijoo e as súas políticas.

 

 Aitor Bouza pregúntase “onde queda ese espírito de tolerancia que tanto lle piden aos estudantes cando atacan frontalmente os seus dereitos e non concordan nin unha soa medida con eles?”. “A indignación do estudantado ten que ser canalizada nun cambio inmediato de políticas”, engadiu o dirixente socialista.

 

 “No Parlamento de Galicia non pasan estas cousas porque directamente aos que se manifestan lles contestan con pelotas de goma”, sentenciou o Secretario Xeral.

 As XSG defenden as reivindicacións pacíficas, xa que son un dereito fundamental dos cidadáns e lamentan que ao Partido Popular e ás súas Novas Xeración non lles gusta nada a democracia e a liberdade de expresión.

 

 ‘’Mal comezamos se xa as Novas Xeracións pretenden oprimir o sentir da cidadanía que se expresa libremente,” afirmou o Secretario Xeral. Engadiu “teñen que comezar a asumir que a mocidade rexeita de forma frontal as súas políticas de ataque constante ao ensino público.”

 

 “Xa é o colmo ter que escoitar aos das Novas Xeracións, que de novas o único que teñen é o nome, defender as políticas que atentan contra a mocidade”, afirmou Bouza.

 “Estamos seguro que en canto o Sr. Feijoo cambie a súa política educativa deixando de atacar ao ensino público e beneficiar aos centros segregadores e privados e rexeite a LOMCE, será ben recibido pola comunidade educativa,” concluíu o Secretario Xeral. 



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI