Síguenos:
     
Logo JSE


As XSG lamentan que a única política de Feijoo contra o paro xuvenil sexa seguir humillando á mocidade condenándoa ao exilio económico





Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) declararon no día de hoxe ficar estupefactos/as ante a brillante interpretación do Sr. Feijoo no Debate do Estado da Autonomía celebrado onte no Parlamento de Galicia, no que demostrou ter habilidades máis que sobradas como bufón da corte. Aproveitaron para agradecer ao grupo socialista e o seu voceiro parlamentario, José L. Méndez Romeu, que tiveran posto enriba da mesa os problemas reais da mocidade e achegado solucións reais e con fundamento que é o que a cidadanía demanda.

 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza expresou que “non podemos comprender como un presidente da Xunta responsable se sube a unha tribuna a dicir que Galicia está mellor que hai un ano. É certo que algún mozos e mozas, o 18% exactamente, viven mellor que o ano pasado, pero exiliados noutros países ante o abandono do presidente da Xunta de Galicia. O realmente triste é que para que eses mozos/as vivisen mellor tiveran que ter abandonado a súa terra, as súas familias e amigos.”

 

As XSG valoraron que “nembargantes, aos que se quedan en Galicia fican a expensas a ser contratados como asesores da Xunta de Galicia, xa que será a única posibilidade real que teñan de traballar nunhas mínimas condicións de dignidade. Para todo o resto que son a maioría da mocidade galega nin traballo, nin salario decentes, nin tampouco formación.”

 

Bouza valorou que “se a día de hoxe os asesores custan un 150% máis que os deputados/as, non queremos facer a comparativa con canto custan en relación ás políticas de mocidade levadas a cabo pola Xunta de Galicia porque sería insultante para todos os mozos/as de Galicia. Animamos, en consecuencia, ao Sr. Feijoo a mandar algún asesor ao exilio e comezar a traballar realmente nas políticas mozas que tanto demanda a sociedade e a mocidade galega.”

 

O secretario xeral, Aitor Bouza, valorou que “esta moi ben prometer aumentar 48 millóns os cartos destinados ao Plan de Emprego Mozo”, pero considerou que “para poder aumentar algo primeiro ten que existir e até a data seguimos esperando que se plasme tan só 1€ no orzamento da Xunta de Galicia.”

 

O dirixente socialista valorou que “a política do Sr. Feijoo baséase en saír guapo na foto cando presenta grandes medidas que nunca vai a cumprir que só serven para obter un espazo grande nos medios de comunicación, pero que nunca as veremos levadas á práctica. Mentres vende fume e sae con xugosos titulares seguen exprindo aos estudantes cuns recargos nas segundas e terceiras matrículas completamente desmesurados e mentres fachendean de apostrar por un sistema público para todos/as. O seu para “todos/as debe ser como as súas declaración de que o Parlamento é a casa de todos/as aínda que logo reprendan ao Gómez Besteiro por falar alí”

 

O secretario xeral concluíu afirmando “que ten razón o Sr. Feijoo cando afirma que impulsou medidas novidosas para a mocidade en toda España. Demostrou ser o alumno aventaxado do Sr. Rajoy coa supresión do Consello da Xuventude de Galicia que até a data segue clausurado pola decisión unilateral do Partido Popular. Este ano o presidente do Goberno copiou o modelo galego e tamén pechou o Consello da Xuventude de España.”

 

Audio:

 



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI