Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Os Gobernos do PP miran cara outro lado sobre a violencia insoportable que sofren as mulleres”



Imprimir




A organización xuvenil socialista lanzou co motivo do Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de persoas, a campaña “Ocultalas non é a solución” coa que quere abordar a prostitución en España e denunciar como se ocultan os abusos que sofren máis do 90% das mulleres que a exercen. Os mozos/as socialistas defenden que non se pode regularizar a prostitución como actividade económica e mercantil escudándose na liberdade do contrato entre persoas.”

 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, afirmou que “milleiros de mulleres sofren a explotación sexual en España. Son obrigadas a prostituírse sufrindo vexacións e humillacións, unha forma de violencia de xénero que, sen terse en conta, pasa desapercibida na sociedade española. Debería abordarse, dende todos os niveis da Administración Pública, o feito de que os contratos teñen un límite ético e educar para que a tolerancia ante a prostitución desapareza.”

 

Na opinión das JSE “dende que o Partido Popular está no Goberno, todos os avances en temas de loita contra a trata están parados. A poboación inmigrante, gran afectada por esta lacra, está completamente indefensa, pois o Estado non fomenta os mecanismos de protección internacional para as vítimas de trata aos que está obrigado e como lle reclama Nacións Unidas, a Unión Europea ou o Consello de Europa.”

 

“Non debemos mirar para outro lado –engadiu Bouza- debemos educar o descoñecemento xeral para acabar co negocio lucrativo que supón a explotación dunhas persoas sobre outras”, “o comercio sexual, nas súas múltiples variables, está extendido dunha maneira tan invasiva na nosa sociedade que só unha lexislacións contundente poderá facerlles fronte”- subliña.

 

“Demandamos ao Goberno de Mariano Rajoy a aprobación dunha Lei integral contra a trata con fins de explotación sexual que se involucre en todas as formas de explotación, incluíndo a publicidade de contido sexual, e que teña en conta, ademais dos dereitos humanos de toda a cidadanía, a especial protección das mulleres e os/as menores, os máis vulnerables”. A deixadez e os continuos retallos xerais do Goberno do Partido Popular nesta materia son insoportables – concluíu o secretario xeral



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI