Síguenos:
     
Logo JSE


As XSG súmanse á celebración da Semana Europea da Mobilidade Sostible



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) celebrarán a través das redes a Semana Europea da Mobilidade Sostible 2014, que terá lugar entre o 16 e o 22 de setembro e cuxo obxectivo e loitar contra o cambio climático, fomentar o uso do transporte público e promocionar o uso de medios de transporte sostibles.

 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, acompañado da secretaria de medio ambiente, Sofía Vázquez, presentaron a campaña das XSG para a Semana Europea da Mobilidade Sostible. Segundo informaron “case 1.700 cidades en toda Europa sumáronse xa a esta iniciativa que pretende mostrarlle á cidadanía que unha cidade enfocada ás persoas e non aos coche é posible.”

 

O lema deste ano tal e como indicaron é “Unha rúa mellor é a túa elección” que “pretende concienciar á xente da necesidade de recuperar os nosos espazos públicos a prol da xente e animándoa a crear a cidade na que queren vivir. En palabras da secretaria de medio ambiente, Sofía Vázquez, “é obriga das Administracións Públicas fomentar o emprego do transporte público de maneira eficiente así como de medios de transporte sostibles e alternativos como pode ser o uso da bicicleta”.

 

A campaña levada a cabo polos mozos socialistas consiste nun cartel para a súa distribución polas redes sociais e ten como obxectivo potenciar un novo tipo de pobos e cidades, onde as rúas e os espazos públicos sexan un lugar de encontro e de lecer, enfocadas e creadas para as persoas e non para o tráfico rodado. Segundo Aitor Bouza “as autoridades locais teñen que traballar na redistribución e no rediseño das rúas e espazos públicos a prol das persoas.”

 

A Semana Europea da Mobilidade culminará coa celebración do Día Mundial do Coche o 22 de setembro. En declaracións da secretaria de medio ambiente e desenvolvemento sostible, Sofía Vázquez, “en España o transporte supón un 25% do total das emisión de carbono emitidas, provocando non só graves problemas medioambientais, senón tamén moitos problemas de saúde para os cidadáns” engadindo que “iniciativas como esta á que nos sumamos dende as XSG prentenden concienciar a xente de que outro tipo de cidades máis agradables e saudables para vivir son posibles.”



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI