Síguenos:
     
Logo JSE


As XSG convidan ao director do INJUVE a marcaharse a Alemania cos das NNXX a traballar nun “minijob”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia denuncian unha vez máis a insensibilidade e a insensatez do Goberno de España cando se trata de referirse á mocidade afectada polo exilio económico. Así reaccionou a Organización xuvenil tras afirmar Rubén Urosa, director do INJUVE que “me pone los pelos de punta que se hable de fuga de cerebros cuando lo que hay es movilidad”.

 

 

Para Aitor Bouza, secretario xeral das XSG, “as declaracións de Urosa son especialmente ferintes, posto que o propio directo de mocidade non é capaz de coñecer e/ou recoñecer a situación de milleiros/as mozos/as cunha formación excelente que están empregados en posto que requiren unha cualificación por baixo das súas posibilidades, que firmaron contratos precarios cuns salarios insultantes.”

 

 

O secretario xeral dos mozos/as socialistas continuou “falamos de insensibilidade porque non son capaces de xerar empatía cos cidadáns españois que abandonaron o seus país, as súa costumes, os seus amigos e a familia para pescudar unha oportunidade que o Partido Popular non foi capaz de ofrecerlles. E cremos que é unha insensatez porque a posta en marcha de medidas para solucionar o problema do exlio económico require dun bo diagnóstico e fica de manifesto que para o Partido Popular isto é un fenómeno positivo en lugar dun drama para a maioría de mozos/as que tiveron que marchar por falta de esperanzas e oportunidades. Sería interesante que o director do INJUVE marchase unha tempada a Alemania a traballar nun minijob”, setenciou.

 

 

Na opinión das Xuventudes Socialistas, “o director do INJUVE debería coñecer a mobilidade exterior e aproveitar para explicarlla aos seus cachorros que se dedican a predicar con ese mal exemplo que os dirixentes do Partido Popular lles dá. Así mesmo, debe explicarlle aos mozos/as españois as bondades que segundo eles ten este fenómeno.”

 

 

Bouza Manso esixiu ao goberno que deixe de negar a situación e que poña en marcha unha estratexia global para evitar que a xeración mellor formada deste país abandone toda esperanza de desenvolver o seu proxecto de vida dentro das nosas fronteiras. Debemos voltar a invertir en Investigación e Desenvolvemento, recuperar o orzamento para as bolsas, baixar as taxas universitarias e reforzar como mínimo o plan de garantía xuvenil que, ademais de chegar tarde, a todas luces ficou corto. Debemos, en definitiva, tomar as medidas precisas para ofrecer á mocidade deste país unha oferta formativa e de emprego suficiente e accesible.”

 

 

O secretario xeral das XSG conclúe afirmando que “con estas declaracións de Rubén Urosa, o Goberno de España mófase, unha vez máis, de centos de milleiros de mozos/as que sufren o exilio económico. Aínda máis preocupante que a falta de ideas do Goberno do Partido Popular para combater o desemprego xuvenil e deter o exilio económico é a desidia que mostra o seu presidente ante estes asuntos de extrema gravidade social, restándolles importancia e desprezando a desesperación e a dor da mocidade española.”

 

 

Exisiu ao Sr. Feijoo que condene estas verbas e inste ao seu partido a cambiar de política nesta materia, comezando por facelo dende a nosa Comunidade Autónoma, na cal o presidente da Xunta regálase maletas aos mellores currículos.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI