Síguenos:
     
Logo JSE


Blanco reclama un aumento substancial do presuposto para combater o paro xuvenil, "una das principais prioridades" da UE





Imprimir




O eurodeputado socialista José Blanco reclamou un aumento "substancial" do presuposto destinado a financiar a Garantía Xuvenil e a ampliación da súa cobertura dende os 25 anos actuais ata os 30.


Na súa explicación de voto sobre a resolución da Eurocámara en materia de emprego xuvenil, que se votará mañá, sinalou que esta debe ser "unha das nosas principais prioridades. Hai 120 millóns de europeos por debaixo do albor da pobreza e un 25% dos máis de 25 millóns de parados son novos. No meu país, España, máis do 50% dos mozos está sen traballo".

 

Segundo expuxo, o emprego xuvenil "definirá a UE ante a próxima xeración. O desenvolvemento completo da Garantía Xuvenil é o elemento central da estratexia socialista de creación de emprego. Apostamos por aumentar substancialmente o seu presuposto e ampliala ata os 30 anos", remarcou Branco, que se mostrou favorable a "introducir salarios mínimos dignos, garantir a igualdade salarial e a protección dos dereitos dos traballadores e traballadoras, os sindicatos, o diálogo social e a lexislación contra a discriminación,". 


Nesa liña, incidiu na vontade dos socialistas de rematar co dúmping social na UE e revisar a Directiva sobre o desprazamento dos traballadores para mellorar a súa protección. "Queremos unha política industrial máis ambiciosa, apoiar a economía social e as PEME, promover a innovación tecnolóxica e sostible e mellorar o rendemento económico".

 

"Os retos son moitos. A instancia socialista, algunhas das nosas demandas foron recoñecidas onte no seu programa de goberno polo novo Presidente da Comisión Europea. Permaneceremos vixilantes ao cumprimento dos seus compromisos co noso Grupo", concluíu.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI