Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Instamos a Feijoo a combater con políticas serias os lumes en Galicia, impantando unha verdadeira política forestal”





Imprimir


As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron hoxe a súa propia campaña de loita contra os lumes deste ano 2014, que consiste nun cartel para as redes sociais que veñe a parodiar e criticar a campaña realizada pola Xunta de Galicia, censurando deste xeito que o goberno autonómico bote balóns fóra, reducindo os lumes soamente a unha cuestión de orde público, como se o goberno galego non tivese ningunha responsabilidade no abandono dos nosos bosques.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, denunciou “a existencia dunha manipulación da comunicación da Xunta ao respecto, na que se mantén que os incendios nada teñen que ver coa política forestal e a prevención, e polo que quixemos poñer o acento nesta cuestión e por iso a campaña deste ano é a que é.”

Bouza declarou que “como xa manifestamos na campaña contra incendios que fixemos no ano 2013 e dadas as inexistentes melloras do goberno da Xunta de Galicia, vémonos na obriga de reiterar as manifestacións que facíamos fai un ano, dado que para nós a  prevención segue constituíndo unha das bases fundamentais na loita contra os incendios forestais.”

Pola súa banda, a secretaria de medio ambiente e desenvolvemento sostible, Sofía Vázquez, denunciou a ausencia dunha política forestal da Xunta de Galicia, que “atende a cuestións ideolóxicas, xa que o PP non cree nos beneficios económicos, sociais e ambientais dos montes galegos.” “Entendendo ademais que os recortes e falta de medios para a investigación, prevención e extinción dos incendios forestais, unido a unha ausencia da política forestal en Galicia, son os feitos responsables dos lumes en Galicia, non soamente os incendiarios”.

Dende a Organización manifestaron que “os mozos e mozas socialistas apostamos por un rural con futuro, lembrando que case un 70% do territorio galego corresponde ao uso forestal. É por iso que destacamos a necesaria valorización do monte como xacemento de emprego e de desenvolvemento sostible de Galicia. Para facelo cómpre tamén compatibilizar os usos forestais coa produción de cogumelos  e outros froitos, e tamén con aproveitamentos gandeiros.”

O secretario xeral destacou que “a política forestal necesita de actuacións concretas e continuadas nos Concellos, aos que a administración galega ten que apoiar neste traballo. Polo tanto, defendemos que a administración galega debe fomentar accións que poden levarse a cabo e impulsarse dende as administracións locais, máis próximas aos cidadáns e ás persoas propietarias dos montes, e facendo públicas axudas e subvencións aos concellos de Galicia para actuacións de apoio e fomento da xestión forestal sostible nos concellos galegos, así como subvencións para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural.”

Finalmente, a mocidade socialista tamén propón “accións dirixidas a investir e fomentar o I+D+I nas empresas e nas universidades galegas públicas, co obxectivo de desenvolver e poñer en marcha propostas innovadoras no que respecta ao sector forestal, e así como a loita contra os lumes.”



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Estructura de JSE
Militante. Persona afiliada a Juventudes Socialistas...
Quiénes somos
Juventudes Socialistas de España (JSE) se constituye como la...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI