Síguenos:
     
Logo JSE


XSG NA DEFENSA DO POBO PALESTINO



Imprimir


O mundo volve a ser testemuña outra vez dunha masacre contra o pobo palestino. As incursións e ataques israelís intensificaron con bombardeos fronta á Franxa de Gaza, asasinando nas últimas 24 horas a máis de 27 palestinos/as, incluíndo 8 nenos/as, destruíndo os seus fogares. Estes ataques son levados a cabo debido á impunidade que goza Israel que lle fai, ademais, prolongar unha ocupación sen precedentes na historia contemporánea.

 

 

Entre decembro de 2008 e xaneiro de 2009, Israel asasinou a máis de 1.200 palestinos e palestinas, 300 dos cales eran nenos, un exemplo máis de crimes de guerra e contra a humanidade que se suceden a centos diariamente neste territorio. O cerco imposto por Israel nos últimos 7 anos na Franxa de Gaza condeou a 1,8 millóns de palestinos/as, intensificando unha colonización ilegal e multiplicando as incursións militares, inclusive durante as conversas de paz. As ininterrumpidas campañas de arresto por parte do bando israelí chegaron a deixar máis de 6.000 palestinos e palestinas retidas nas súas prisións.

 

 

Non existiu unha condea da comunidade internacional ante tales violacións e ataques cara este pobo, así como un recoñecemento aos seus lexítimos dereitos. A ocupación doutro país converteuse nunha fonte de ataques indiscriminados aos que drasticamente deberías poñérselles fin. Bombardear áreas civís baixo o resgardo do potencial nuclear, deixa indefenso ao pobo palestino que clama protección internacional e ataca á súa vez como sinal de alarma, xerándose un conflito inaceptable entre pobos que están chamados a entenderse.

 

 

A paz non chegará por si soa mentres o exército israelí continúe actuando impunemente contra os valores de Palestina e o seu pobo. Somo moitos e moitas os que esiximos unha actuación inmediata da comunidade internacional a prol do diálogo e o cese da violencia. A defensa da liberdade e a xustiza como bandeira deben promover circunstancias e feitos que erradiquen os actos criminais e operacións militares que exercen a forza extrema sobre unha poboación civil que leva sufrindo un conflito durante décadas.

 

 

Ante a citada situación que se vive na Franxa de Gaza, Xuventudes Socialistas de Galicia esixe a protección de Palestina das accións israelís, paralizando o asalto, as inscursións e a represión contra os e as cidadás palestinos de Israel como medida imprescindible para volver ao diálogo pola paz. As vítimas que se suceden en cada asalto son testemuñas desta masacre que só a xustiza internacional pode evitar. As violacións dos dereitos humanos e a irresponsabilidade de Israel levan demasiado tempo sendo impunes. A venganza non é o camiño para unha liberdade que conduza á paz.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI