Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Rajoy arremete contra a mocidade coas súas inxustas medidas fiscais”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia mostran hoxe a súa disconformidade ante a reforma fiscal anunciada polo Goberno do PP que afoga aos traballadores/as sen nin sequera perseguir o fraude, abrindo a porta a novos retallos para cumprir o obxectivo do déficit.

 

 

Para Aitor Bouza, secretario xeral das XSG, “como xa se atisbaba o pasado venres, confirmouse definitivamente que esta reforma prexudica aos e ás mozas emprededores respecto ás grandes empresas, sen medidas específicas para eles. Non falan de bonificacións para empresas que contraten a parados mozos e inclusive, se suprimirán as deducións por aluguer de vivenda habitual. A nosa mocidade está pagando o que os que máis teñen deberían pagar.”

 

 

En opinión da Organización xuvenil, “os tramos de renda redúcense, o que supón unha redución para as rendas altas e unha subida para as medias claramente, benficiando ás grandes riquezas. Ao mesmo tempo, penalízase aos pequenos aforradores/as desaparecendo a exención polos primeiros 1500€. Só un inxusto interese pode xustificar semellantes medidas.”

 

 

Bouza sostivo que “a tributación das indemnización por despido é a puntilla da inxustiza que impera nas reformas de Rajoy. Non tivo suficiente con reducilas na reforma laboral? E engade “ante unha reforma fiscal que deberá ser modificada segundo dite a dereita europea, á que o PP debe render contas, propomos medidas para unha fiscalidade máis xusta con subidas de impostos á banca e non á cidadanía e recadar onde non se recada, na loita contra o fraude fiscal.

 

 

Os mozos/as sociasitas argumentaron que “estas medidas, que suponen un ataque ruin aos e ás traballadoras deste país que ven como os que deberían pagar máis cada día pagan menos, fannos reafirmarnos na nosa convición de que outra política fiscal, pensada para os máis desfavorecidos, é posible. 

 

O secretario xeral das XSG aproveitou a comparecencia de prensa para anunciar que “a Executiva Nacional Galega das XSG na súa xuntanza de 10 de xuño acordou que ningún dos seus membros avalaría a ningún candidato/a no proceso de primarias que se levará a cabo no Partido Socialista, garantindo así a máxima neutralidade da nosa Organización.”

 

 

Bouza sostivo que “as Xuventudes Socialistas non somos a plataforma de ningún candidato ou candidata, polo que a nosa imparcialidade neste proceso será total. Esta decisión é o que debíamos facer nun proceso aberto como o son unhas primarias, nas que o papel fundamental o xogarán os e as militantes” enfatizou o secretario xeral, destacando que o obxectivo principal desta Executiva “non é que gañe ningún candidato en particular, senón que deste proceso saia un partido forte e unido que sexa capaz de dar respostas ás demandas da mocidade”.

 

Aitor Bouza explicou que “esta decisión non é máis que unha mostra do modo de actuar desta CENG que mantivo a súa postura de forma coherente, como xa fixeramos no proceso de primarias galego, nin avalando nin apoiando a ningún dos candidatos. Con esta postura a dirección da Organización xuvenil pescuda que a militancia non se sinta presionada de forma algunha, para que poida escoller libremente entre os candidatos a secretario xeral”.

 

Para concluír quixo pór en valor o feito de que os e as militantes das XSG poidan participar neste proceso, xa que “foi unha tarefa complexa pola que os nosos compañeiros/as da Executiva Federal traballaron arduamente.” Así mesmo, lembrou que este avance foi conseguido primeiramente en Galicia, onde inicialmente os militantes da Organización xuvenil non ían a poder exercer o seu dereito a voto e tralo traballo das XSG conseguiuse.” 



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI