Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Pedímoslle a NNXX que defenda máis os intereses da mocidade galega e menos os de Paula Prado”



Imprimir


As Xuventudes Sociaslitas de Galicia (XSG) saíron hoxe ao paso das declaracións do líder das novas xeracións nas que defendía a deputada Paula Prado e anunciaban a súa nova postura respecto aos casos de imputacións de concelleiros/as. 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, manifestouse abraiado ante esta nova postura que anuncia agora a organización xuvenil do Partido Popular. “Semella que ver a Paula Prado contra as cordas, fíxoos reflexionar e decidiron cambiar de posicionamento e respetar agora os tempos xudiciais”.

Lembrou que “hai excasamente un mes e medio as Novas Xeracións de Lugo esixían a dimisión do presidente da Deputación de Lugo, por non lembrar as campañas que levaron a cabo contra o exministro de fomento, José Blanco, co único fin de sacar un rédito electoral.” En consecuencia, animou á nova dirección das NNXX “a manter en todo o territorio galego a mesma postura para poder ter así un mínimo de coherencia.”

Bouza ironizou que “é curioso que sexa a primeira vez que saian a defender a algunha das persoas implicadas polo sumario da Operación Pokemon. Seguramente sexa porque concordan coas opinións vertidas pola Sra. Prado nas conversas xa máis que coñecidas sobre os seus excompañeiros/as do Concello de Santiago.”

Lamentou tamén que “as únicas declaracións públicas que fan dende as Novas Xeracións sexan para isto e non para pedirlle explicacións á Sr. Prado por ter votado en contra dun dereito fundamental para as mulleres, como é o dereito ao aborto.” “Quizais se adicasen o tempo a defender os dereitos da mocidade e trasladarlle ao seu partido que non poden seguir nesta liña de retallos dos dereitos fundamentais e dos servizos básicos, mellor nos iría”

Dende a Organización manifestaron que “esperamos que esta implicación cos seus deputados a teñan tamén cos estudantes que fican sen bolsa, cos parados/as aos que lles prometen fume, coas mulleres que vén como a igualdade real fica esvaecida con cada Lei que aproban ou cos mozos e mozas que teñen que verse na obriga de exiliarse noutros países mentres o Sr. Feijoo o único que lles ofrece é unha maleta.” 

Para concluír o secretario xeral animou aos mozos/as populares a adoptar dunha vez posturas sobre os temas que realmente lle importan á cidadanía, para logo non poder agocharse baixo o seu lema de “non temos postura aínda ao respecto” e ter que calar e outorgar en consecuencia das políticas regresivas que leva a cabo o PP.          



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI