Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Debemos lexislar para que a enerxía e a auga non se convertan no negocio duns poucos”



Imprimir




Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) defendeu hoxe, Día Mundial da Auga, “a necesidade de apostar un modelo enerxético baseado en enerxías renovábeis que se converta co tempo na base indispensábel para sustentar o noso desenvolvemento e a nosa economía”.  

 

Para o Secretario Xeral, Aitor Bouza, e a Secretaria de Medio Ambiente, Sofía Vázquez, “a auga é a, e así foi recoñecida, un dereito humano fundamental”. “Consideramos que a enerxía debe ser considerada un dereito cidadán indiscutíbel e que desde Europa, as institucións teñen a obriga de garantir ambos dereitos ao conxunto dos cidadáns europeos”.

 

Para Bouza “a falta de calquera destes dous recursos, que son bens públicos, condiciona a vida das persoas e empurra a marxinación social”. “Neste día tan sinalado reclamamos ao goberno de España que lexisle para evitar que se convertan no negocio duns poucos”.  

 

Bouza esixiu ao Goberno do PP e á Unión que “Europa consolide unha lexislación común que garanta a titularidade pública da auga e da enerxía”. “A sostenibilidade ambiental non debe quedar condicionada á dispoñibilidade de recursos económicos, senón que o desenvolvemento económico non debe sobrepasar a capacidade de renovación desde a eficiencia enerxética”.

 

O líder das XSG concluíu anunciando que “os socialistas asumiron o reto de cara ás próximas eleccións ao Parlamento Europeo de erradicar a exclusión enerxética e hídrica como piar fundamental e complementario á loita contra a pobreza”. “Garantir os ciclos ecolóxicos de auga e a renovación das fontes enerxéticas desde a sostenibilidade debe ser un obxectivo que o Goberno do PP non está tratando coa importancia que se merece”.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI