Síguenos:
     
Logo JSE


As XSG participaron na xuntanza con Martin Schulz na visita dos mozos socialistas ao Parlamento Europeo



Imprimir




O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, participou o pasado mércores nunhas xornadas de traballo intensivo organizadas pola súa organización a nivel federal no Parlamento Europeo en Bruselas. “Debemos transmitir a importancia de Europa para a mocidade española e que mellor xeito que debater e enriquecernos cos que traballan día a día dende dentro polo modelo europeo" declarou Bouza.

 

Os mozos socialistas reuníronse ao longo da mañá con Ana Colombo, secretaria xeral do Grupo Parlamentario dos Socialistas no Parlamento, con Alejandro Cercas, membro da Comisión de Emprego e Asuntos Sociais e Sergio Gutiérrez, aposta socialista para ser reelixido como europarlamentario na vindeira lexislatura.

 

Para o dirixente socialista "esta visita supón un reforzo da ilusión por cambiar Europa dende dentro. Ilusión coa que mobilizaremos á nosa militancia nestas eleccións nas que obteremos resultados que nos permitan garantir, dende Europa, os dereitos fundamentais cun Grupo Parlamentario forte e cohesionado dende a figura de Martin Schulz".

 

Foi precisamente co actual Presidente do Parlamento Europeo con quen a delegación intercambiou opinións ao redor do modelo que queremos para Europa e como as estratexias en materia de emprego xuvenil, inmigración e bolsas deben de desenvolverse dende unha perspectiva de esquerdas na Unión Europea nos vindeiros anos.

 

Ademais, organización socialista reuniuse coas eurodeputadas Iratxe García e Eider Gardiazábal ás que entregaron os seus manifestos sobre o dereito a decidir das mulleres e o exilio económico xuvenil, respectivamente. "Documentos de traballo que entregamos ás compañeiras para enriquecer, coas nosas reflexións e demandas, a Política Comunitaria"

 

Para concluír os mozos/as socialistas a súa intensiva xornada reuníronse na sede do Partido Socialista Europeo cos seus compañeiros e compañeiras de YES (XuventudesSocialistas de Europa), para abordar as mobilizacións que os mozos/as socialistas de todo o continente levarán a cabo até o vindeiro 25 de maio, data das Eleccións Europeas.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI