Síguenos:
     
Logo JSE


XSG ao Sr. Feijoo: “Menos populismo e máis solucións para as 650.000 persoas en situación de exclusión social”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia esixiron aos Goberno do Partido Popular, co motivo do Día Internacional da Xustiza Social, que reforme as políticas fiscais e as prestacións sociais para mellorar a redistribución e evitar maiores prexuízos ás familias con menos ingresos.

 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, acompañado da secretaria de economía e emprego, Pilar Román, declarou que “o reparto da riqueza debe garantir o Estado do Benestar para toda a poboación, así como o acceso aos servizos públicos. É inadmisible a manipulación do sistema a favor dunhas élites minoritarias.”

 

“Para garantir a xustiza social o Goberno do PP debería redistribuír o capital, máis aínda en tempos de crise, tendo enc onta que a pobreza e a exclusión social azotan aos nosos cidadáns e cidadás” – apuntaron dende a Organización- “o fraude fiscal existente en España procede principalmente da banca, as transnacionais e os grandes patrimonios, o que supón que España teña un índice de desigualdade moi superior á media europea.”


“Que paguen máis os que máis teñen converteuse nunha utopía no noso país. O noso sistema impositivo, lonxe de reformularse, sigue favorecendo a evasión de impostos e, sumando as drásticas políticas de austeridade de Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijoo, supón o secuestro das institucións democráticas para o seu verdadeiro fin, axudar á cidadanía”- sentenciou o secretario xeral.

 

Os mozos/as socialistas calificaron a situación de Galicia de drástica ante os preocupantes datos actuais: 92.000 fogares na nosa Comunidade nos que ningún dos seus membros teñen traballo. Segundo expuxeron “dende o 2009 este dato aumentou un 88%, o que é o mesmo, que un de cada dez fogares galegos teñen a todos os seus membros desempregados/as.”

 

As XSG instaron ao presidente da Xunta “para que deixe de ir de paseo de plató en plató para facerse o moderado do PP e que poña fin á grave situación das 650.000 persoas que están en situación de exclusión social en Galicia, das que que 120.000 viven na pobreza de carácter severo.”

 

Bouza criticou duramente a inmobilidade do Goberno do PP “a xustiza social non significa caridade, significa que todos e todas vivamos con dignidade.” Porén conclúe, “seguiremos reclamando un sistema máis xusto, que permita solucións ás demandas dunha sociedade que esixe axuda fronte ás necesidades básicas e contra os que se vén fortemente influenciados polas elites economicas.”



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI