Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “con esta reforma o Goberno do PP quere converter en delito para todos o que só é pecado para algún”



Imprimir




As Xuventudes Sociaslitas de Galicia (XSG) defenderon hoxe, una vez máis, a actual Lei do Aborto por considerala ante todo “preventiva, con garantía xurídica e sanitaria para a muller e de amplo consenso social.”

 

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, presentou no día de hoxe xunto á secretaria de igualdade da Organización, Melisa Rodríguez a campaña “#YoDecido” coa que as XSG pretenden non só defender a actual Lei, senon criticar o antreproxecto do PP que, ao revés que a actual Lei de Prazos, “fai que o Estado dea a elixir ás mulleres, exceptuando a quenes poden constealo, entre embarazo obrigatorio ou aborto clandestino e non seguro” 

 

Para o secretario xeral “decidir sobre a maternidade e os dereitos sexuais e reprodutivos, é un dereito fundamental que debe defenderse e ser promovido por una educación en igualdade. O Goberno de Rajoy, lonxe de antepor o interese xeral e a convivencia no marco constitucional, tomaron a actitude inaceptable de lexislar sobre a base dunha moral relixiosa, atentando contra a capacidade de decisión das cidadás”

 

Para Bouza “a nosa actual Lei de Prazos, pioneira no mundo, conseguiu un consenso amplo no arco parlamentario, a excepción do Partido Popular, así como entre profesionais sanitarios e xurídicos polo seu apoio á educación sexual e reprodutiva e pola súa evolución no trato á muller. Conseso que ademáis deu os seus froitos non só protexendo á muller e os seus dereitos, senón ademais reducindo o número de aborto como ben é sabido.”

 

“Con esta campaña- engade-, continuamos a nosa loita constante en defensa das mulleres. Non imos a calarnos ante unha regulación que non só non reducirá o número de embarazos non desexados, senón que incrementará o sufrimento das cidadás que teñan que afronta esta situación.

 

Bouza sentencia “este anteproxecto de Lei atenta contra o dereito a decidir das mulleres sobre si mesmas e pescuda empurralas á maternidades en ter en conta a súa vontade. Pescuda contentar unica e exclusivamente ao seu electorado máis retrógrado e conservador. E conclúe, “o Goberno do PP quere converter en delito para todos o que só é pecado para algún, e non o imos a permitir.

 

O secretario xeral lamentou que o Sr. Feijoo “se faga o progre do PP mantendo distancia desta reforma e despois votar en contra dunha Proposición Non de Lei presentada pola oposición en vistas á reforma da Lei do aborto, converténdose en cómplice deste atentado en contra das mulleres. Esperamos que o seu populismo se converta en realidade na vindeira semana votando a favor no Parlamento Galego a prol da PNL presentada polo grupo socialista en contra da reforma da Lei do aborto.”

 

Bouza rematou instando a Javier Dorado, presidente das Novas Xeracións a “deixar de facer declaracións baleiras  cargadas de populismo e demagoxia para limpar a súa conciencia”. “Se de verdade quixera defender os dereitos das mulleres ou dos estudantes o faría nas plataformas, nas manifestacións ou no Parlamento de Galicia, e non detrás do perfil dunha rede social”. “Agardamos -concluíu- que a vindeira vez que aplauda a Rajoy ou a Gallardón nun mítin ou nun congreso pense en todas as mulleres vítimas da súa ideoloxía rancia”.

 

Anunciaron repartos de dípticos e información en todas as grandes vilas, así como de pegadas de carteis informátivos, ao longo das vindeiras semanas, así como dunha acción en rede co hashtag #YoDecido.

 

Audio: http://www.goear.com/listen/b2c1053/rolda-prensa-presentacion-campana-yodecido-xsg



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI