Síguenos:
     
Logo JSE


XSG: “Feijóo válese da súa maioría absoluta para atentar ditatorialmente contra a democracia”



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) instou ao Presidente da Xunta de Galicia a “preocuparse dos asuntos que preocupan verdadeiramente á cidadanía como a venta de NCG, o número de parados, a reforma da Lei de IVE ou os recortes en educación”. “Feijóo trata de desviar a atención do pobo con medidas que non interesan a ninguén máis que a el mesmo”.

 

O Secretario Xeral, Aitor Bouza, salientou que “Feijóo pasa máis tempo en Madrid que en Galicia e aprende as prácticas antidemocráticas de compañeiros seus como Cospedal que limitou o acceso á representación política a persoas que como ela poidan pagalo”. “Por desgraza isto tamén queren estendelo a outros ámbitos como o da educación ou o da sanidade”.

                               

Bouza propuxo a Feijóo que “se verdadeiramente busca un aforro nos orzamentos e non facer populismo barato que reduza o soldo dos deputados ou o número dos seus asesores”. “A redución da duración das campañas electorais ou a supresión do envío de papeletas por correo aos cidadáns cando xa están dispoñibles nos colexios electorais aforraría dous millóns de euros de diñeiro público en cada votación”.

 

O líder das XSG lembrou que “o que debe procurar o Partido Popular é a mellora da transparencia das institucións”. “Isto acádase, por exemplo, co aumento de supostos que se poidan tratar mediante ILP e coa redución do número de sinaturas necesarias para que estas se tramiten”.

 

Dende a Organización engadiron que “en 2006 Feijóo negoulle a Touriño o consenso para realizar unha reforma no Estatuto de Autonomía durante o seu mandato e o proceso tivo que ser paralizado”. “Semella que a dereita esqueceu a suposta vontade democrática que pretendía amosar naquel momento”.  

 

 Os mozos e mozas socialistas concluíron lembrando a Feijóo que “preside o goberno co voto de tan só o 24% do censo e que o Partido Popular procura continuar o seu mandato co apoio de só un de cada cinco galegos”. “Os parlamentarios populares deberían utilizar a súa maioría para solucionar os problemas da cidadanía e non para xerar novos conflitos”. 



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI