Síguenos:
     
Logo JSE


As XSG responsabilizan a Feijoo do fin inminente do naval ante as súas mentiras e a súa incompentencia



Imprimir




As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) reividincaron hoxe unha solución inmediata para o problema do naval que estamos a vivir en Galicia, ante a pasividade dos gobernos do Partido Popular e das continuas mentiras ás que están a someter á cidadanía “pasandose a pelota duns a outros”.

 

En palabras do secretario xeral das XSG, Aitor Bouza “as mentiras e inoperancia de Feijoo e os gobernos do Partido Popular con respeto ao naval non deixan de medrar 18 meses despois dos prometidos contratos con Pemex que segundo o presidente xa estaban asinados.”

 

Bouza denunciou que “Navantia e Barreras compiten con outras 10 propostas para construír os buques floteles e o fallo definitivo notificarase o 30 de decembro e o contrato formalizarase nos 15 días posteriores ficando constatada a mentira do señor Feijoo. O motivo polo que non quería ensinar os contratos é porque realmente non existian tales”

 

Os mozos/as socialsitas manifestaron todo o seu apoio aos traballadores e traballadoras do naval que –segundo expuxeron- “son os que están a padecer as miserias dun presidente irresponsable e manipulador que non lle importou xogar co pan de moita xente para conseguir un puñado de votos nos procesos electoriais.”

 

Dende a Organización expuxeron que “o PP, dende o Goberno central e dende a Xunta de Galicia é incapaz de cumprir nin unha soa das promesas que levan facendo a un sector con tantos problemas como é o naval. Son as contradicións entre o Sr. Núñez Feijoo e o ministro de Industria, Jose Manuel Soria, que se entrevistou cos representantes do goberno Mexicano e a petrolera, proclamando que os compromisos coa Xunta tan só era levar unha parte dun flotel”

 

A secretaria de economía e emprego das XSG, Pilar Román, salientou que “por se isto fora pouco foron incapaces de conseguir que grandes empresas que teñen unha forte implantación en España e un gran mercado de consumo neste país se adicaran a construir os seus buques nos asteleiros de Galicia asinando contratos para a construcción de catro gaseiros en Asia” “Coas súas políticas están a quebrar unha das industrias máis importantes para a nosa comunidade.”

 

O secretario xeral concluíu expoñendo que “Vigo e Ferrol, dous polos da industria naval galega, levan sufrindo nos derradeiros anos un proceso de paralización case total dos asteleiros existentes e se os contratos non se formalizan e os asteleiros teñen que facer fronte ás multas da Unión Europea estes veranse abocados ao peche inmediato, coa consecuente perda de milleiros de postos de traballo.



Imprimir




Noticias relacionadas
 
Nuestro Contacto
  ...
Historia de XSG
La primera agrupación de Juventudes Socialistas se creó...
       
Comisión Executiva Nacional
...
As XSG fan un chamamento ao estudantado para
...
       

 
Canal XSG

Calendario XSG








  ...


  ...


  ...


  ...





Nube de etiquetas Tag's

Su navegador no soporta nuestra nube de etiquetas




JUVENTUDES SOCIALISTAS DE GALICIA © 2019   Aviso Legal   Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI